
O shotcut é un programa para a edición de vídeo. Para instalar este software utilizaremos os paquetes flatpak. O primeiro, teremos que instalar Flatpak no equipo:
sudo apt update
sudo apt install flatpak
Seguidamente dirixímonos á páxina de Flathub e procuramos o software Shotcut
https://flathub.org/

E prememos en Install para descargar o paquete de instalación do Shotcut. Unha vez descargado, dirixímonos novamente ao terminal e executamos o seguinte comando:
flatpak install org.shotcut.Shotcut.flatpakref
E prememos un par de veces o Y no teclado para aceptar a instalación. Unha vez que remate reiniciamos o sistema para que apareza a icona no menú de Son e Vídeo.
