Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Instalar Whatsapp web e Telegram nunha distribución Linux

Por webmaster, 10 Xaneiro, 2024
GNU-Linux

Resulta moi cómodo empregar a mensaxería no ordenador. Ademais de escribir con maior velocidade e visualizalas mensaxes a tamaño grande, sempre se pode comprobar palabras no dicionario, copiar e pegar, etc.

Para a instalación destes aplicativos imos empregar o software Flatpak, que permite a instalación de programas sen que aparezan as temidos fallos por dependencias. Trátase dun paquete cos datos do programa e tamén as dependencias asociadas. 

No caso de que non teñas o programa flatpak, procedamos a instalalo:

sudo apt update
sudo apt intall flatpak

Seguidamente podemos ir á páxina de Flathub, para descargar o instalador das dúas aplicacións, e xa de paso, podemos observar o gran número de aplicativos que se poden instalar, ademais dos mencionados:

https://flathub.org/

Procurarmos Telegram Desktop e Whatsapp Web:

Ao pinchar sobre os resultados aparece un botón "Install", e ao premer nel, descarga o paquete que serve para instalar o paquete.

Seguidamente abriremos o terminal e dirixímonos ao cartafol de Descargas e procedemos coa instalación:
 

cd Descargas

flatpak install io.github.mimbrero.WhatsAppDesktop.flatpakref
flatpak install org.telegram.desktop.flatpakref 

Unha vez instalados pediranos que escaneemos un código QR co aplicativo Telegram ou ben co de Whastapp (no apartado Settings > Dispositivos no caso de Telegram e en Linked devices no caso de Whatsapp)  e quedarán operativos.

No caso de queres actualizar os aplicativos, tamén desde o terminal:
 

sudo flatpak list


e podemos actualizar un aplicativo en particular ou todos:
 

no caso  do Telegram ou do Whatsapp:


flatpak update org.telegram.desktop.webview.Locale 

flatpak update io.github.mimbrero.WhatsAppDesktop

 

E no caso de que queiramos actualizalos todos
flatpak update

E se queres eliminar o programa Telegram? Pois con: 


flapak unstall org.telegram.desktop.webview.Locale 

Canle RSS