Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Incrementar tamaño da Swap

Por webmaster, 10 Xaneiro, 2024
GNU-Linux

É posible que o computador se colgue cando abres moitas aplicacións, ou dispós de moitas pestanas abertas nos navegadores. Aínda que o motivo desta comportamento anómalo pode ser outro, pode estar acontecendo pola falta de memoria RAM. O sistema operativo emprega a memoria RAM na medida do posible pero cando comeza a escasear, emprega o disco duro como ser fose unha ram e isto faino empregando a partición Swap. Sen embargo se durante a instalación se configurou un tamaño de Swap moi pequeno, o equipo queda sen espazo onde gardar os ficheiros temporales e cólgase irremediablemente.

Para ver a memoria Ram e Swap libre, empregase o comando free no terminal:

Neste exemplo, o equipo dispón de 8Gb de memoria Ram e 4 Gb para  partición Swap, polo que estaría dentro do aconsellable, pois existe certo consello xeral que consiste en que un equipo debe ter un tamaño de Swap coa metade do tamaño da Ram. Pero vexamos como se incrementaría:
 

Paso 1. Deshabilitamos a Swap

sudo swapoff /swapfile

Paso 2. Incrementamos o tamaño da Swap. Debemos saber que 1 Gb ten  1024Mb. No caso de querer asignarlle 8 gb de Swap, teremos que multriplicar 8*1024lb= 8192

sudo dd if=/dev/zero of=/swapfile bs=1M count=8192 oflag=append conv=notrunc

Paso 3. Asignamos á Swap

sudo mkswap /swapfile

Paso 4. Habilitamos novamente a Swap

sudo swapon /swapfile

Paso 5. Correximos os permisos da /swapfile

sudo chmod 0600 /swapfile

Canle RSS