Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Anki e ChatGPT

Por webmaster, 27 Novembro, 2023
AI
Debian

Anki é unha ferramenta moi interesante para o estudo de temas teóricos empregando as tarxetas ou flashcards. O aplicativo vainos facendo preguntas sobre o tema, e o estudante respóndeas de forma mental. Premendo no botón “Amosar a resposta”, o estudante pode comprobar se a súa resposta mental era a correcta ou no. Con isto apareceranlle tres botón:
1. “De novo”. Significa que esa resposta non a sabía e polo tanto, dalle orden ao programa para que lla pregunte máis insistentemente
2. “Ben”. Sabía máis ou menos, pero mellor darlle outro repasiño
3. “Fácil”. Está dominado, non me preguntes máis.
Existen sitios onde hai tarxetas compartidas para que empreguen o alumnado:
https://ankiweb.net/shared/decks


O único que ten que facer é procurar o tema a estudar, descargalo e ir ao aplicativo Anki e premer en “Ficheiro”>”Importar”, pero no filtro debemos escoller a opción Packaged Anki Deck.

 Seguidamente pinchar no perfil (no caso que se crearan), escoller o “feixe”, que é o conxunto de preguntas que acaba de importar e finalmente en “Estudar agora”

Premendo a letra E ao abrir calquera pregunta, podemos editala e mellorala. Tamén o podemos facer desde o apartado Examinar. Pero tamén podemos crear “feixes” desde Calc ou Google Spread Sheets, e logo importándoos en formato csv.

Pero esta tarefa podemos encargarlla a chatgpt, con un prompt como o seguinte:

"Crear un feixe de preguntas Anki sobre o libro de lectura "A trenza" de Laetitia Colombani en fomato táboa para pegar en LibreOffice Calc"

Despois de pegar a táboa na folla de cálculo Calc, borramos a primeira fila e prememos en "Gardar como" e escollemos o  formato csv, e marcando a opción "Editar a configuración do filtro",

 indicamos caracter “,” como elemento separador de campos e o delimitador de cadeas deixámolo en branco. 

Seguidamente en Anki e no menú inferior da ventana principal pinchamos en “Crear un feixe” e asignámoslle o nome, por exemplo “A Trenza”. E posteriormente importar (igual temos que tocar algo na asignación de campos, descartando os que non empregamos), e listo a estudar!
 

 

 

Canle RSS