Xa fai moito tempo que Youtube permite a visualización con subtítulos creados de forma automática. Sen embargo resulta moito máis cómodo obter unha dobraxe do mesmo de forma instantánea. Fara facer isto teremos que botar man da intelixencia artificial.
1. Dirixímonos á tenda de extensións do Google Chrome
https://chrome.google.com/webstore/category/extensions?hl=es
2. Procuramos no buscador a extensión
Speak Subtitles for Youtube

3. Prememos no botón "Añadir a Chrome". Seguidamente en "Añadir Extensión"

4. Abrimos un vídeo en Youtube en idioma estraxeiro. Por exemplo:
https://www.youtube.com/watch?v=KG4_CYbVpTo
5. Na barra de ferramentas do vídeo pinchamos na icoa de "Speak Subtitles". Seleccionamos o idioma no que desexamos escoitar o vídeo.


E do mesmo xeito tamén configuramos o idioma para os subtítulos e a UL Lang
6. Desactivamos o audio orixinal (neste exemplo o inglés)

7. Mantemos o botón de "Subtitles Speaker" en cor vermello. En cor branco desactívase

E xa escoitaremos o audio dobrado. Non perfecto, pero coa suficiente calidade para entender a mensaxe do vídeo.
