Ir o contido principal
• Inicio
• e-dixgal
• sesion_01
• sesion_02
• sesion_03
• sesion_04
• AI
• Drupal
• GNU-Linux
• Debian
• Arch Linux
• LibreOffice
• Latex
• RStudio
• Moodle
• Espazo Abalar
• Procurar

Crear un taboleiro na aula virtual

Por webmaster, 7 Novembro, 2023
Moodle

En ocasións algún docente procura unha comunicación rápida e directa co alumnado. Moodle posúe moitas ferramentas, que a permiten, pero bótase en falta un taboleiro de aula. Este utensilio permite unha comunicación unidireccional do profesor ao alumnos que pode resultar moi interesante para a publicación dos avisos, exames, deberes, traballos....Así se un pai ou nai axuda ao seu fillo nas tarefas, cun simple vistazo rápido pode saber que é o que ten que facer, como e para cando.

É habitual que os alumnos con dificultades empregan as axendas, sen embargo en máis dunha ocasión as anotacións non son correctas ou están incompletas. Cando os pais se poñen a traballar co neno parten dunhas anotacións moi pouco fiables cando non chea de erros e a frustración apodérase deles de forma inmediata.

Un posible código para crear un taboleiro poder ser o que detallo a continuación e tamén podes descargar nesta ligazón. No caso da aula virtual de websdinamicas pódese empregar este código. Para inserilo na aula virtual, créase unha etiqueta e prémese na icona de código html.

Ficheiro
corcho_0.jpg (542.05 KB)
moodle.txt (1.08 KB)
taboleiro_websdinamicas.txt (1.29 KB)
Canle RSS