Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Tarefa de investigación

Por webmaster, 31 Outubro, 2023

Procurar un artigo de prensa de actualidade relacionado co tema tratado. Aceptanse xornais e revistas de papel ou dixitais. A data da nova non será máis antiga dos 6 meses. Seguidamente débese facer un comentario do artigo. Unha vez rematado o comentario débese de engadir un anexo coa ligazón á nova (no caso de ser dixital) e unha captura ou unha foto da nova orixinal.

O obxectivo da actividade non é facer un resumo da nova. Débese facer unha análise crítica e establecer conclusións, relacionándoa coa materia impartida na aula.

 
Obxectivos:

   1. Relacionar o artigo coa materia impartida na aula  
   2. Capacidade de análise  
   3. Mellorar a capacidade de relación dos diferentes conceptos  
   4. Concienciar aos alumnos o carácter global dos conceptos tratados na materia.  
   5. Promover a reflexión

 
Habilidades:

   1. Compresión lectora  
   2. Expresión escrita

ENUNCIADO DA TAREFA

Procura unha nova que teña unha antiguedade máxima de 6 meses relacionada coas Enerxías Alternativas. Seguidamente redacta una comentario da mesma, facendo unha análise crítica e relacionando cos contidos estudados nesta unidade.

O comentario estará formado por unhas 500 palabras. No mesmo ficheiro e na parte final debes de engadir un anexo coa ligazón da nova orixinal e unha captura de pantalla  da mesma.

Data Límite: 10/12/2018 (non se poderá entregar fóra de prazo)

TRABALLO DO ALUMNADO

1. Procurar unha nova relacionada coa temática tratada.

2. Redactar un comentario empregando o procesador de textos Writer

3. Engadir a última folla un anexo. Neste apartado debe de aparecer:

- A url da páxina web na que aparece a nova
- Unha captura de pantalla da mesma

4. Imprimir a pdf

    a. Empregando o conversor do Writer

5. Subir o pdf ao EVA
 

Canle RSS