
A empresa Eleven Labs é moi recoñecida no ecosistema da AI. Seguramente a funcionalidade más prezada é a conversión de texto a voz. Aínda que temos que lamentar que aínda non dispón do idioma galego, trátase dunha ferramenta valiosa a nivel didáctico. Velaquí van un par de exemplos:
1. Podemos crear un conto nun idioma estranxeiro en calquera das intelixencias artificiais: chatgpt, gemini, copilot, etc. Unha vez creado, copiamos e pegamos no Eleven Labs e xeramos o ficheiro mp3, podendo así escoitalo cantas veces desexemos.
2. Outra utilidade é a conversión de apuntamentos a formato voz para escoitalos nos tempos de transporte ou de actividades rutinarias: limpar pola casa, un paseo, etc
Asemade dispón dunha utilidade interesante, que é a creación de efectos de son, que podemos empregar para unha presentación, para a páxina web. Iso si o prompt teremos que introducilo en inglés
