Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

AI. IBM Granite no Libreoffice Writer

Por webmaster, 6 Xuño, 2024
AI

IBM pon a disposición dos usuarios unha intelixencia artificial especializada no campo da programación. Sabendo que se pode empregar en Visual Studio Code coa extensión chatgpt, en Ollama instalado en local, nesta nova veremos como se configura e executa en Libreofffice Writer, podendo resultar moi útil para os docentes e estudantes das materias de programación, tanto na secundaria como en ciclos de formación profesional.

Paso 0. Instalar as librerías Python necesarias

pip install python-dotenv
pip install python-dotenv

Paso 1. Rexistarse na páxina de NVidia e procuramos Granite

https://build.nvidia.com/

https://build.nvidia.com/explore/discover#granite-34b-code-instruct

Paso 2. Obtención da API Key

https://build.nvidia.com/explore/discover#granite-34b-code-instruct

 

Paso 3. Editas o ficheiro , e modificas o  api_key = "nvapi--"   , substituíndo  nvapi--, pola API-KEY que obtiveches no paso 2. Debes gardalo coa extensión .py, pois é un ficheiro python
 

Paso 4. Copias este ficheiro na ruta:

 

/home/usuario/.config/libreoffice/4/user/Scripts/python   

Se non existen os carfafois Scripts e python, procedes a crealos previamente.

Paso 5. Abres o LibreOffice Writer e escribes o prompt, por exemplo:
 

Escribe unha función en Rust que calcule o factorial dun número 

E premes en Ferramentas > Macros > Executar Macro. Seleccionas As miñas macros > granite > granite e aparecerá no procesador de textos algo parecido ao seguinte:
 

fn factorial(n: u64) -> u64 {
   if n == 0 {
       return 1;
   } else {
       return n * factorial(n - 1);
   }
}

E obviamente se substitúes no prompt Rust por Python xerará o código nesta linguaxe.

Ficheiro
granite.txt (2.28 KB)
Canle RSS