Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Escritorio remoto a un Debian por XRDP

Por webmaster, 5 Xuño, 2024
Debian

En ocasións queremos conectarnos a un equipo da rede e ben por comodidade ou porque desexamos ter acceso ás aplicacións gráficas non desexamos facelo por medio de ssh. Aínda que hai varias solucións, unha delas é XRDP. Vexamos como se instala e como se configura:
 
A. Instalación e configuración no equipo servidor
 

sudo apt update
sudo apt install xrdp
sudo adduser usuario ssl-cert
sudo systemctl restart xrdp

Para poder acceder a unha sesión iniciada:

sudo apt-get install dbus-x11

E modificamos o seguinte ficheiro:

sudo nano /etc/xrdp/startwm.sh

Xusto antes da seguinte liña:

test -x /etc/X11/Xsession && exec /etc/X11/Xsession

Engadimos a seguinte:
export $(dbus-launch)

É dicir as tres últimas liñas quedan do seguinte xeito:
 

export $(dbus-launch)
test -x /etc/X11/Xsession && exec /etc/X11/Xsession
exec /bin/sh /etc/X11/Xsession

B. Instalación no equipo cliente
sudo apt install remmina -y

E abrindo o aplicativo Remmina,  escollendo o protocolo RDP e introducindo a IP do equipo servidor xa nos conectaremos premendo na tecla enter. Para obter a ip do servidor podemos facelo instalando primeiramente esta ferramenta:
 

sudo apt install net-tools
ifconfig

Unha vez conectados teremos en introducir as credenciais do equipo servidor e premer en OK
 

Canle RSS