
Unha páxina moi interesante á hora de crear esquemas e pequenos debuxos é https://excalidraw.com/

Presenta as seguintes vantaxes:
1. Non é necesario ningún tipo de rexistro. Acceder a poñerse a traballar.
2. O aplicativo execútase no computador do cliente, polo tanto non se garda nada no servidor
3. Ten un conxunto amplo de librerías para engadir logos e debuxos ao noso lenzo. Escollémolo e pinchamos en "Add to Excalidraw"
https://libraries.excalidraw.com

4. Podemos facer debuxos de forma colaborativa, entre varios usuarios
5. Como usuarios temos a posibilidade de exportar os debuxos en formato png, svg ou ben utilizar o envío ao portapapeis. Con pegar no aplicativo destino (inkscape, impress, etc), xa o teremos dispoñible.

6. Ten un botón para a AI. Inserindo o prompt e excollendo text to diagram, o aplicativo xera un diagrama do que lle solicitamos a través do prompt. Aínda que isto está máis pensado para temas informáticos: diagrama de clases, uml, etc
7. No apartado Mermaid, facilita un código de exemplo para a creación dun esquema. Se o copiamos e nos diriximos a chatgpt, gemini, perplexity, resulta moi sinxelo adaptalo para un novo esquema
Tendo en conta o seguinte código de exemplo, crea un esquema coas partes do sistema dixestivo
flowchart TD
A[Christmas] -->|Get money| B(Go shopping)
B --> C{Let me think}
C -->|One| D[Laptop]
C -->|Two| E[iPhone]
C -->|Three| F[Car]E pegamos o código xerado pola AI na festra de Mermais Syntax. Prememos en insert

Instalación en Docker
Pero ademais se o que queresmos é empregalo no computador local, podemos instalar a seguinte máquina docker:
docker run --rm -dit --name excalidraw -p 5000:80 excalidraw/excalidraw:latestAbrindo o navegador e escribindo localhost:5000, xa podemos empregalo en local
Obviamente para isto teremos que ter instalado o Docker no computador. Podemos facelo empregando as seguintes instrucións:
sudo apt update
sudo apt install ca-certificates curl gnupg lsb-release
curl -fsSL https://download.docker.com/linux/debian/gpg | sudo gpg --dearmor -o /usr/share/keyrings/docker-archive-keyring.gpg
echo "deb [arch=$(dpkg --print-architecture) signed-by=/usr/share/keyrings/docker-archive-keyring.gpg] https://download.docker.com/linux/debian $(lsb_release -cs) stable" | sudo tee /etc/apt/sources.list.d/docker.list > /dev/null
sudo apt update
sudo apt install docker-ce docker-ce-cli containerd.io
apt install docker-compose
usermod -aG sudo usuario