
Una das grandes virtudes da AI é a creación de código e a modificación do mesmo para obter outros resultados. Por exemplo, dispoñemos do seguinte código que serve para a creación de 10 boletíns distintos con sumas, restas multiplicacións de divisións de fraccións programado en Rust. Resulta sinxelo deseñar un prompt para que a AI adapte o código para obter boletíns para resolución de ecuacións, para a creación de problemas, etc.
Xa na aula, imprimiremos un boletín por cada un dos alumnos e repartiremos. Deste xeito o alumnado pode copiar a forma de resolvelos (e polo tanto aprendendo), pero non os resultados. Resulta moi interesante didácticamente, pois ao facilitarlle os resultados, os alumnos fan unha especie de enxeñería inversa para averiguar como se resolven os exercicios.
1. Instalar Rust
Para compilalo debemos dispoñer do compilador Rust no computador. Vexamos como se instala:
Toda a instalación debemos facela con privilexios de root
su root
apt update
sudo apt install curl build-essential libssl-dev
curl --proto '=https' --tlsv1.2 -sSf https://sh.rustup.rs | sh
nano /root/.profilee engadimos o path de cargo:
export PATH="$HOME/.cargo/bin:$PATH"Aplicamos os cambios executando:
source /root/.profileVerificamos a versión instalada de Rust e Cargo
rustc --version
cargo --version2. Edición do código con Visual Studio Code ou en VSCodium
Abrimos o editor de código e prememos en File > Open Folder para comezar a traballar nun cartafol en concreto no cal crearemos os diferentes proxectos. Seguidamente pinchamos en Terminal > New Terminal, de xeito que abre o emulador do terminal na zona inferior do editor e executamos a seguinte instrución:
cargo new fraccionsE creanse os ficheiros para comezar a editar. Dirixímonos novamente a File > Open Folder e abrimos o cartafol fraccións que Cargo acaba de crear. Editamos o ficheiro cargo.toml e engadimos as seguintes dependencias, que co paso do tempo teremos que actualizar as versións de cada paquete. E mantemos
[dependencies]
rand = "0.8.4"
num-rational = "0.4.0"
num-integer = "0.1.44"
E seguidamente dentro do cartafol src, editamos o ficheiro main.rs, substituíndo o código que aparece por defecto polo se amosa aquí
E xa por último teremos que compilalo, polo que desde o terminal executamos a seguinte instrución:
cargo runSe nos diriximos ao cartafol target/debug/, atoparemos un executable para xerar máis boletíns de maneira rápida.
E con isto obteremos varios ficheiros auxiliares e tamén o ficheiro pdf boletins_fraccions.pdf, que podedes visualizar a continuación
