Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Como converter Debian nunha distribución "case" rolling release

Por webmaster, 15 Maio, 2024
Debian

Debian non é unha distribución rolling release como poden ser Arch Linux, Void Linux, Manjaro, etc. Estas distribucións teñen actualizacións continuas sen necesidade de reinstalación. Isto, obviamente, é algo moi positivo, pero quizais están máis enfocadas a usuarios con certo nivel de coñecementos, pois aínda que cada vez é menos frecuente, pode que algunha das actualizacións teña efectos colaterais non desexados, e o seu arranxo ás veces non resulta sinxelo para un usuario non experimentado. Deste xeito, con estas distribucións, o usuario conta coas últimas versións dos programas, e tamén do sistema operativo. En Debian non ocorre o mesmo, as aplicacións actualízanse segundo as fontes de Debian e na maioría dos casos non son as últimas versións publicadas dos programas. Sen embargo este último sistema operativo está máis enfocado na estabilidade, un solid rock, polo que as versións dos programas instalados son maduras e ben probadas. Seguro que o ideal sería contar coas dúas características: estabilidade e últimas versións con todas as innovacións.

En xuño de 2015 saiu a luz Flatpak, un sistema para a distribución de aplicacións en contedores, un proxecto creado por Alexander Larsson de Red Hat. Nestes  paquetes flatpak van contidos todas as librerías necesarias para o seu funcionamento e para todas as distribucións. Desde o portal flathub [1] podemos atopar os paquetes de instalación de moitos programas.

E tendo en conta o anterior, cos paquetes Flatpak podemos obter aplicativos actualizados ás últimas versións, e por outra banda continuamos mantendo o Debian coa súa característica máis prezada: a estabilidade.  Aparentemente todo son vantaxes, e polo tanto, correspóndeche a ti probar e chegar a conclusións. 

A dúbida que nos xurde é no relativo ás actualizacións destes paquetes flatpak, levándoas a cabo de maneira automatizada para que de forma transparente para o usuario sempre dispoñamos da última versión publicada en flatpak. Para resolver isto naceu otro proxecto moi interesante: Topgrade[2], un programa que detecta as ferramentas que empregas e executa os comandos apropiados para actualizalas.  Polo tanto, con este sistema esquecerás para sempre andar actualizando os navegadores, libreoffice...
 

Instalación de Topgrade e creación de servizos de actualización automática

Toda a instalación debemos facela con privilexios de root

su root
apt update
sudo apt install curl build-essential libssl-dev
curl --proto '=https' --tlsv1.2 -sSf https://sh.rustup.rs | sh
nano /root/.profile

e engadimos o path de cargo:

export PATH="$HOME/.cargo/bin:$PATH"

Aplicamos os cambios executando:

source /root/.profile

Verificamos a versión instalada de Rust e Cargo

rustc --version 
cargo --version

Instalamos seguidamente Topgrade (sempre desde root)

cargo install topgrade
cargo install cargo-update

Creamos un servizo para que se execute a actualización cada 60 minutos 

sudo nano /etc/systemd/system/topgrade.service

e engadimos o seguinte código:

[Unit]
Description=Run topgrade every 60 minutes
After=network-online.target
[Service]
Type=oneshot
ExecStart=/root/.cargo/bin/topgrade -y
[Install]
WantedBy=multi-user.target

E creamos o temporizador, que é o disparador do servizo anterior:

sudo nano /etc/systemd/system/topgrade.timer

E engadimos o seguinte contido:

[Unit]
Description=Timer to run topgrade every 60 minutes
[Timer]
OnBootSec=10min
OnUnitActiveSec=60min
[Install]
WantedBy=timers.target

E finalmente habilitamos os servizos:

sudo systemctl daemon-reload
sudo systemctl enable topgrade.timer
sudo systemctl enable topgrade.service
sudo systemctl start topgrade.timer

 

 Desinstalación de software e instalación de paquetes Flatpak

Desinstalamos o programa que desexamos telo actualizado á última versión e que teñamos instalado no sistema operativo. 

su root
apt remove google-chrome-stable
apt purge google-chrome-stable

Instalamos o paquete Flatpak no Debian, se é que non o temos instalado.

apt install flatpak

Dirixímonos á páxina de flathub e descargamos o paquete de Google Chrome, premendo no botón de Install

https://flathub.org/apps/com.google.Chrome

Con isto teremos no cartafol de descargas o ficheiro: com.google.Chrome.flatpakref

Paso 4. Desde o terminal instalaremos ese paquete

cd ~/Descargas
flatpak install com.google.Chrome.flatpakref -y

E con isto xa contaremos co Google Chrome instalado, cunha versión máis actualizada co que acabas de desinstalar. Este procedemento repetirémolo con todos aqueles programas que desexamos ter instalados no sistema coa última versión.

 

Comprobación do seu funcionamento

Unha vez feito todo o anterior, podemos comprobar o seu funcionamento analizando o status do servizo, onde pode visualizar a última vez que se executou e se apareceron erros no proceso de actualización.

su root
systemctl status topgrade

 

[1] https://flathub.org/ 

[2] https://github.com/r-darwish/topgrade

 

Canle RSS