Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Problemas cos acentos gráficos ao instalar aplicacións Flatpak

Por webmaster, 9 Maio, 2024
GNU-Linux

Apreciei un problema ao instalar varias aplicacións de Flatpak: whatsapp, telegram...Apacereu un problema co teclado. Aínda que aplicación ibus (aparece xunto o reloxo do sistema) estaba configurado como idioma do teclado o español, ao empregar estas aplicacións o sistema escribía o ñ, pero non o acento gráfico.

A solución é sinxela. Debemos de premer en Aplicacións > Configuración > Teclado. Seguidamente premer na pestana Disposición > Edit

Pinchamos na frecha que está diante do idioma Español e prememos en Español(incluír til morta)

Unha vez que fagamos un clic en "De acordo", teremos que reiniciar o computador para que  funcione o teclado segundo o esperado.

Outra opción que reporta o meu amigo Nacho (https://cotidianaplace.blogspot.com/), pois a anterior non lle funcionou,  é a seguinte:

Configuración -> Input Method -> Aceptar -> Sí -> xim (Activar XIM simple con la extensión de teclado x) e reiniciar
 

Canle RSS