Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Ver os servizos activos e aplicacións no inicio en Debian

Por webmaster, 2 Maio, 2024
Debian

​Unha maneira de acelerar o sistema operativo é desactivando servizos. Dispoñemos dunha ferramenta para coñecer o tempo que tarda o sistema en iniciarse, trátase de systemd-analyze. Podemos desactivar algún servizo e comprobar se mellora un pouco o tempo de arranque.

Para coñecer os servizos do sistema operativo podemos empregar as seguinte instrución:

systemctl list-unit-files --type=service

Se queremos desactivar un servizo, por exemplo  o bluetooth.service

systemctl disable bluetooth.service

Tamén podemos empregar a ferramenta rcconf, que xa nos permite desactivar servizos de maneira sinxela

sudo apt install rcconf

Tamén podemos facelo coa ferramenta sysv-rc-conf

sudo apt-get install sysv-rc-conf

E para coñecer as aplicacións que se cargan ao inicio da sesión dirixímonos a Aplicativos > Configuración > Xestor de configuración. Unha vez alí prememos en Sesión e Inicio

E prememos en Application Autostart

 

Canle RSS