
Se empregades o escritorio Plasma, é posible que atopedes unha incidencia co paquete plasma-discover (descubrir), que é xestor de actualización e instalación de paquetes. Cando premedes en actualizar, hai veces que imprime na pantalla a mensaxe "cannot refresh cache whilst offline"
Entendo que este erro ten lugar ao lanzar o sistema operativo o servizo packagekit antes de ter dispoñible a rede. Aínda que seguramente se poida arranxar doutro xeito, presenta unha forma sinxela:
1. Accedes ao seguinte cartafol
/etc/network/if-up.d/
2. Creas un script co nome package_restart.sh, por exemplo e co seguinte contido:
#!/bin/sh
systemctl restart packagekit
3. Daslle permisos de execución
chmod +x package_restart.sh
4. Reinicias
