Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Creación de audios e vídeos con Fliki

Por webmaster, 24 Febreiro, 2024
AI

Outra ferramenta moi interesante. A primeira utilidade que lle vamos dar é para a creación dun audio a partir dun texto, por exemplo ao seguinte poema:

A. Creación dun audio
Pico, pico, mazarico,
¿quen che deu tan longo “pico”?
Deumo Deus e San Santiago
para picar o pan no agro
e piquei e repiquei,
cen milliños encontrei
e boteinos a moer
e os ratiños a comer
e agarrei un polo rabo
e boteino naquel cabo
e tamén agarrei outro
e boteino naquel souto
e vin de moita “prisa”
tocando a miña gaitiña
pero víronme os ladróns
e roubáronme os calzóns

 

Para isto prememos en "New file"

E escollemos Audio, asignámoslle un nome ao ficheiro resultante, idioma e comezamos con ficheiro baleiro. Clic en Submit

 

  A opción máis sinxela é inserir o texto na Scena 1. Premendo nos tres puntos verticais coa lenda "More". podemos escoller a voz de Sabela ou a de Roi, pero tamén nos permite clonar a nosa propia voz en "Try voice cloning". Tamén nos permite inserir un audio de fondo.

Para simplificar o proceso, pegaremos o texto como se fose prosa. Deste xeito creará unha única escena. Pero poderíamos facelo por escenas e configurando unha pausa entre verso e verso, pero se superamos as 10 escenas teremos que actualizar e pagar pola conta.     

Pico, pico, mazarico, ¿quen che deu tan longo “pico”? Deumo Deus e San Santiago para picar o pan no agro e piquei e repiquei, cen milliños encontrei e boteinos a moer e os ratiños a comer e agarrei un polo rabo e boteino naquel cabo e tamén agarrei outro e boteino naquel souto e vin de moita “prisa” tocando a miña gaitiña pero víronme os ladróns e roubáronme os calzóns

 Unha vez pegado o texto, prememos en Download para descargar o ficheiro

O sistema envíanos un correo electrónico  cando remate o proceso de exportación do vídeo.     
 


E velaquí temos o resultado:     
 

Arquivo de audio
b. Creación dun vídeo

Nesta ocasión utilizaremos un poema de Bernardino Graña:     
 

Mariñeiros de Viveiro,
Fisterra, Caión, Malpica,
Pontevedra, Arousa, Vigo,
Noia, A Coruña, Muxía,
pescadores e peixeiras,
mariscadoras das rías
¿de quen son os areeiros
e os cons e faros e as illas?
(...)
¿de quen o verdello, a area,
os laños, as ardentías,
e as nécoras e centolas
e rodaballos e minchas,
(...)
Decídeme de quen son
praia, areas, augas, rías...

Por limitación coa contra gratuíta introducimos o texto como se fose prosa, pero en 4 escenas:     

Mariñeiros de Viveiro,Fisterra, Caión, Malpica,Pontevedra, Arousa, Vigo,Noia, A Coruña, Muxía, pescadores e peixeiras,mariscadoras das rías      
¿de quen son os areeiros e os cons e faros e as illas? ...     
¿de quen o verdello, a area, os laños, as ardentías, e as nécoras e centolas e rodaballos e minchas,...     
Decídeme de quen son praia, areas, augas, rías...     
 

O sistema xera automaticamente unhas imaxes ou vídeos no apartado Layout de cada escena, pero podemos personalizalas imaxes e axustalas ao noso gusto. Unha vez rematado, prememos en Download

O teu navegador non soporta este vídeo.
Ficheiro
bernardino_graa_0.mp4 (4.78 MB)
praia.webp (419.34 KB)
bernardino_graa.m4v (3.02 MB)
Costa_da_Morte_Playa_de_Traba_04.jpg (58.12 KB)
Canle RSS