Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Crear un chatbot en OORT AI

Por webmaster, 21 Febreiro, 2024

1. Accedemos ao servizo despois de rexistarnos. Aínda que se trata dun servizo de pago, permite realizar batantes probas.


https://console.oortech.com
 

Na seguinte ventana, deixámola en branco e prememos en Create Account

E na seguinte prememos na primeira opción "Your Custom AI Agent"

 

2. Na sección Dashboard > My Agents, creamos un novo axente, que ven a ser o chatbot

3. E na seguinte ventana xa aparece a interface para entrenala intelixencia, é dicir a información que servirá de base para responder ás preguntas que lle lancemos á intelixencia artificial. Podemos subir os ficheiros pdf, doc, exls, txt ou markdown. Tamén podemos introducir en Import Web Data os dominios que aporten información. No caso de que sexa un dominio do que colgan múltples webs escollemos a primera opción e se a información está nunha única páxina web, prememos en add Link

4. Tamén podemos engadir preguntas e resposta de maneira manual, premendo en Q&A. Son preguntas típicas que non aparecen respondidas nin nos documentos nin na páxina web. Cun clic en "Add Q&R"



Importante, ao rematar hai que premer en "Create Agent"

Pinchando en Share, o sistema imprime un  link cun cliente que podemos enviar. Pero tamén nos facilita un iframe para colocar na aula virtual ou nunha páxina web

Unha das url que engadín explica como actualizar o libreoffice en Debian

https://console.oortech.com/agent/ueCUI0Rp_CvDuBkcuMvDv/PA8MdxQ9_kwmC2jntjCpt

Por exmeplo se desde o cliente lle preguntamos como actualizar Libreoffice, a AI responderá coa  explicación que atopou na páxina web

Canle RSS