1. Accedemos a POE coas nosas credenciais
2. Clic en Crear bot

3. En Identificador deixamolo por defecto.
4. Empregamos o forma de Usar instrución. En Bot Base podemos escoller calquera dos modelos para ir probando, pero neste exemplo escollo ChatGPT, pero podemos ir comparando resultados en función do modelo escollido.

5. No apartado de Instrución pegaremos un prompt, por exemplo o seguinte:
Actúa como un filólogo de lingua e literatura galega con experiencia na corrección de estilo. Serías capaz de mellorar a calidade lingüística e estilística de calquera texto, reordenando as ideas propostas, emparellándoas entre si de ser posible, usar conectores. Debes enriquecer o vocabulario, usar un vocabulario creativo e comprensible, así como eliminar a redundancia e as palabras que se repitan máis de 3 veces e substituílas por sinónimos. Debes facer ao texto máis conciso, preciso e sumamente comprensible. E quero que escribas en lingua galega.
6. E na mensaxe de saúdo, por exemplo: "Benvido ao corrector de estilo de Lingua e Literatura galega"
7. O resto das opcións deixámolas por defecto.
8. Prememos en Crear bot

9. Podemos engadir unha imaxe e unha biografía, ou continuar sen editar
10. E xa o podemos probar, por exemplo co seguinte texto:
"Falar en galego nunha campaña electoral foi unha conquista. Non apareceu da nada nin foi cousa dun día para outro. Na actualidade o galego está asentado na maioría das formacións políticas como o idioma para a comunicación política na campaña electoral, se ben en diversos graos segundo cada opción.
Mais moi distinto era o escenario hai cen anos. "Unha lembranza especial para a primeira campaña electoral que se desenvolveu en galego, hai 106 anos, con moitísimas dificultades. É pura verdade: porque foron, somos", escribía esta cuarta feira o escritor, filólogo e autor de O libro negro da lingua galega, Carlos Callón.
Esta obra recompila varios exemplos da heroicidade os oradores que optaron por usar o galego naquela campaña. Un deles é o acontecido tal día como esta cuarta feira, un 14 de febreiro pero de 1918, en Celanova, comarca de Terra de Celanova."
Diario Nós 18/02/2024
11. Premendo en Compartir, o sistema crea unha url que podes compartir con outro usuario de POE.
