Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Crear unha insignia con Microsoft Designer

Por webmaster, 5 Febreiro, 2024
AI

1. Abrir a páxina de Microsoft Designer > Desing Creator

https://designer.microsoft.com/

 

2. Engadimos un prompt e prememos en Generate
"Insignia ao mellor lector do clube de lectura ceip de Probas"

O sistema facilita 8 mostras. Seleccionamos a desexada e seguindamente prememos en Download 

 

3. Seguidamente debos de reducir o tamaño a un máximo de 256 kb. Isto pódese facer co Gimp. Imaxe > Escalar Imaxe e en Largura escollemos 400 px e automáticamente xa se configura a altura > Escalar > Ficheiro - Exportar

4. Dirixímonos ao Moodle. Activamos a edición e pinchamos en Engadir bloque

E escollemos o bloque "Últimas insignias"

E aparecerá, este bloque na columna da dereita, tanto ao profesor da materia como aos seus alumnos

5. Dirixímonos ao Moodle. Clic en Distincións

E prememos en Engadir unha nova distinción

Introducimos a nome da distinción. Neste caso "Lector do mes". En descrición: "O mellor lector do mes do clube de lectura". E en Imaxe subimos a imaxe que creamos coa intelixenci artificial e que logo reducimos o tamaño

 

E en caducidade da distinción, e en Data relativa, configuramos como 30 días

6. Prememos en Xestionar as insignias

Clic na logotipo do engrenaxe dentro da cela de Accións

Pinchamos en Engadir Criterios

E escollemos "Emisión manual por rol"

E seleccionamos o Rol de Profesor e Gardar

Seguidamente pinchamos en Activar o acceso e confirmamo na seguinte fiestra, pinchando en continuar

7. Pinchamos novamente en Xestionar as insignias. E en destinatarios, pinchamos no 0

E seleccionamos o alumnos ou conxunto de alumnos que desexamos asignarlle esta distinción, pinchando en Outorgar Distinción e pasamos á columna da esquerda cada un deles

 

8. Deste xeito cando accede ao curso o alumno ao que lle asignamos a distición, poderá ver a imaxe da insignia na columna da dereita tal e como configuramos nos pasos anteriores

Canle RSS