Ir o contido principal
  • Inicio
  • e-dixgal
    • sesion_01
    • sesion_02
    • sesion_03
    • sesion_04
  • AI
  • Drupal
  • GNU-Linux
    • Debian
    • Arch Linux
    • LibreOffice
    • Latex
    • RStudio
  • Moodle
  • Espazo Abalar
  • Procurar

Cuestionarios con cuestións do banco de preguntas en formato Gift creadas con AI

Por webmaster, 2 Febreiro, 2024
AI
1. CREAR AS PREGUNTAS

Poderiamos empregar o seguinte prompt no caso en concreto de que ta materia a estudar sexa o Imperio Romano

"Es un docente de Secundaria da especialidade de Xeografía e Historia con ampla experiencia laboral no ensino. Gustaríame que creases un conxunto de preguntas en formato GIFT para un cuestionario de Moodle sobre o Imperio Romano destinado a alumnado que curse a materia de Xeografía e Historia de 2º curso da ESO en Galicia, España. Por favor, inclúe 20 de preguntas de opción múltiple e imprímeas nun só cadro. Asegúrate de que as preguntas cubran temas variados como figuras históricas importantes, eventos clave, aspectos culturais e xeográficos do Imperio Romano. Por exemplo, poderías incluír preguntas sobre, a expansión do Imperio a súa influencia na península ibérica no relativo á cultura e lingua, a arquitectura romana, e as provincias romanas, a forma de goberno. Gustaríame que cada pregunta teña un enunciado claro e opcións de resposta ben definidas."

No caso de que o docente conte coa versión 4 de chatGPT (de pago), pode subir un pdf cos apuntamentos da materia e pedirlle ao chatGPT que cree preguntas para o banco de preguntas e sen saírse dos contidos do ficheiro. Tamén pode empregar a ferramenta https://www.perplexity.ai/, na cal poden subir ficheiros e facerlle preguntas do mesmo, solicitar vídeos relativos á temática do mesmo, outros exercicios similares, etc

E obteriamos algo así:
 


En formato texto:

// Pregunta 1
::Quen foi o fundador lendario de Roma?::
{=Rómulo e Remo ~César Augusto ~Virxilio ~Escipión}

// Pregunta 2
::Cal é un exemplo de contribución romana á arquitectura?::
{=O arco de triunfo ~A pirámide ~O zigurat ~O stuppa}

// Pregunta 3
::Que elemento da cultura romana foi adoptado pola península ibérica que aínda persiste na actualidade?::
{=O idioma Latín ~A mitoloxía nórdica ~A escritura cuneiforme ~O panteón exipcio}

// Pregunta 4
::Cal foi a principal razón da expansión do Imperio Romano?::
{=Buscar novos territorios para asegurar recursos ~Difundir o cristianismo ~Establecer rutas comerciais marítimas ~Fomentar a educación clásica}

// Pregunta 5
::Quen é coñecido por ser o primeiro emperador romano?::
{=Augusto ~Xulio César ~Marco Antonio ~Bruto}

// Pregunta 6
::Cal das seguintes cidades foi unha importante colonia romana na península ibérica?::
{=Tarraco (Tarragona) ~Atenas ~Cartaxena ~Nova York}

// Pregunta 7
::Cal dos seguintes edificios romanos era utilizado principalmente para espectáculos públicos?::
{=O Coliseo ~O Panteón ~A Basílica ~O Foro}

// Pregunta 8
::En que ano caeu o Imperio Romano de Occidente, marcando o fin da antigüidade clásica?::
{=476 d.C. ~1066 d.C. ~1492 d.C. ~753 a.C.}

// Pregunta 9
::Que característica era común nas estradas romanas?::
{=Durabilidade e eficiencia no deseño ~Caminos de terra ~Carrís de auga ~Pistas de aterraxe}

// Pregunta 10
::Cal era o propósito dos acueductos romanos?::
{=Transportar auga a cidades e poboados ~Comunicar mensaxes ~Transportar tropas rapidamente ~Conducir rituais relixiosos}

// Pregunta 11
::Quen foi un famoso xeneral romano e líder político asasinado polos seus compañeiros?::
{=Xulio César ~Augusto ~Nerón ~Cicerón}

// Pregunta 12
::Cal dos seguintes conceptos foi un legado da lei romana?::
{=Os dereitos dos cidadáns ~O feudalismo ~O sistema de castas ~A democracia directa}

// Pregunta 13
::Que termo describe o período de paz relativa en todo o Imperio Romano, que durou aproximadamente douscentos anos?::
{=Pax Romana ~Pax Mongolica ~Pax Britannica ~Pax Ottomana}

// Pregunta 14
::Cal dos seguintes emperadores dividiu o Imperio Romano en dúas partes?::
{=Diocleciano ~Xulio César ~Constantino ~Trajano}

// Pregunta 15
::Que era un "cónsul" na República Romana?::
{=Un dos dous oficiais elixidos anualmente para liderar o goberno e o exército ~Un xuíz supremo ~Un líder relixioso ~Un mestre de obras}

// Pregunta 16
::Cal das seguintes provincias romanas situábase principalmente na actual Francia?::
{=Galia ~Hispania ~Xudea ~Egipto}

// Pregunta 17
::Como afectou a cultura romana á península ibérica en termos de linguaxe?::
{=Introdución do latín, precursor das linguas romances ~Introdución do grego, base da lingua galega ~Promoción do árabe como lingua oficial ~Establecemento do celta como lingua dominante}

// Pregunta 18
::Que construción romana facilitou o comercio e a mobilidade militar a través do seu vasto imperio?::
{=Estradas pavimentadas ~Canais de navegación ~Ferrocarrís ~Pontes colgantes}

// Pregunta 19
::Cal dos seguintes líderes romanos é coñecido pola súa campaña contra os piratas no Mediterráneo?::
{=Pompeo ~Crasso ~Lépido ~Octavio}

// Pregunta 20
::Que innovación militar romana permitiu unha formación máis flexible e efectiva durante as batallas?::
{=A lexión ~A falanxe ~A cabalería pesada ~As torres de asedio}
 

2. GARDAMOS AS PREGUNTAS NUN FICHEIRO 

Pegamos as preguntas nun documento fun programa de texto plano, como pode ser o MousePad, Gedit, Kate, Bloc de notas, etc. Seguidamente gardamos o ficheiro con extensión .txt



 

3. ABRIMOS O MOODLE E IMPORTAMOS AS PREGUNTAS AO BANCO DE PREGUNTAS

Dirixímonos ao bloque de Admnistración > Banco de preguntas

E escollemos no selector ou no menú anterior "Categorías", e seguindamente en "Engadir categoría". E en nome asignámoslle "O Imperio Romano", por exemplo

Seguidamente escollemos Importar > Formato Gift. Procuramos o ficheiro creado no paso anterior e subímolo

4. CREAMOS UN CUESTIONARIO NO CURSO

Dirixímonos ao curso de Moodle e pinchamos en Modo edición  

 

E seguidamente en "Engadir unha actividade ou recurso", e prememos en Cuestionario

Introducimos o nome. En sincronización activamos a data de apertura do cuestionario e o límite de tempo, por exemplo 10 minutos e escollemos "Os intentos abertos entréganse automaticamente"

E cualificación escolleríamos a categoría no caso que teñamos a avaliación configurada e o número de intentos. Neste exemplo deixámolos sen configurar. O resto de opcións tamén as deixamos coa opcións por defecto. Finalmente prememos en Gardar e presentar.

Na seguinte fiestra prememos en Engadir pregunta

E na seguinte pinchamos na ligazón "Engadir" e tamén marcamos o selector de "Barallar as preguntas"

E escollemos "do banco de preguntas"
 

E seleccionamos todas as preguntas

E prememos en "Engadir preguntas selecionadas á proba"

Se pinchamos en no bloque Administración > Vista previa obtemos a visualización do cuestionario, tal e como o ve un alumno

Clic en comezar intento

Por suposto, deberemos comprobar as preguntas, pois pode que teñan erros. Pero en todo caso este procedemento é moi rápido e con seguridade un docente pódelle sacar partido.

Ademais de probar con distintos modelos de AI, mundando o prompt, cambiar as opcións na configuración do cuestionario, etc. Pode cambiar o formato das preguntas, por exemplo por Aiken. Este sería un posible prompt, que obviamente é moi  mellorable:

"O modelo Aiken de preguntas ten unha estrutura como a seguinte: con ANSWER facilítase a resposta correcta. Cal é a resposta correcta a esta pregunta? A. É esta? B. Quizais esta? C. Tal vez esta outra? D. Debe ser esta! ANSWER: Empregando o formato Aiken crea 10 preguntas con 4 opcións de resposta do seguinte texto:"

 

Canle RSS