
En moitas ocasións atopamos documentos en pdf fantásticos, cunha información valiosa e ben maquetados, pero noutros idiomas. Cando desexamos traducilos a un idioma en concreto pero sen que perda o formato, ou ben con pequenas variacións, pero totalemente útil para o traballo na aula, podemos botar man do seguinte procedemento:
1. No caso de que o tamaño o ficheiro sexa maior a 10 mb, teremos que reducilo coa axuda da seguinte instrución:
gs -sDEVICE=pdfwrite -dCompatibilityLevel=1.4 -dPDFSETTINGS=/screen -dNOPAUSE -dQUIET -dBATCH -sOutputFile=pdfreducido.pdf pdforixinal.pdf
(documentado aquí)
2. Seguidamente dirixímonos á páxina de google translate, e pinchando na sección documentos podemos facer unha tradución rápida e sen perder o formato de maneira sustancial.
https://translate.google.es/?hl=es&sl=en&tl=es&op=docs
