Convertir o formato dun vídeo, usando AVIDEMUX
Requisitos do completado
Convertir o formato dun vídeo, usando AVIDEMUX
Unha das maneiras de obter un vídeo en formato FLV é convertindoo desde outro formato de vídeo. Por exemplo, se gravamos un vídeo cunha cámara dixital probablemente o formato sexa AVI ou MPEG.
Existen diferentes aplicacións para realizar a conversión entre formatos de video: os conversores. Unha destas aplicacións é AVIDEMUX
Sitio oficial de AVIDEMUX: http://www.avidemux.org
Sitio oficial de descarga(1) de AVIDEMUX: http://avidemux.sourceforge.net
AVIDEMUX é unha aplicación de software libre, deseñada para a edición de vídeo, que está dispoñible para a maioría das plataformas e sistemas operativos coñecidos: Windows, Linux, Mac, PC-BSD.
Unha vez instalado, a pantalla principal de AVIDEMUX presenta o seguinte aspecto:

A continuación, de modo sinxelo, explicamos cómo debemos proceder con esta aplicación para realizar a conversión entre formatos de vídeo.
Imaxinamos que temos un video en formato AVI en queremos convertilo en formato FLV
PASO 1.- Abrimos o noso vídeo (que temos en formato AVI) pulsando sobre o botón/menú ABRIR.
PASO 2.- Nos despregables da barra lateral esquerda de AVIDEMUX, seleccionamos as seguintes opcións:
- Na sección "Video" seleccionamos "Copiar"
- Na sección "Audio" seleccionamos "Copiar"
- Na sección "Formato" seleccionamos "FLV"

PASO 3.- Pulsamos o botón GUARDAR e podemos teclear un novo nome para o noso vídeo. É moi importante asegurarse de seleccionar outra vez a opción FLV no desplegable "tipo de ficheiro" que aparece a continuación.
AVIDEMUX ten moitas máis funcionalidaddes para traballar na edición de video, pero os pasos que acabamos de explicar son suficientes para realizar a conversión dun formato ao outro.(1) AVIDEMUX está dispoñible na maioría dos repositorios das distribucións de Linux, polo que resulta moi sinxela a súa instalación en Linux desde os repositorios.
Última modificación: venres, 29 de abril de 2016, 1:14 PM