Tarefa 5.1 Modificación Caderno estudo Aula Planeta
Completion requirements
Como realizar esta tarefa
- Abre un navegador de internet e introduce o enderezo web (URL) do espazo de prácticas: https://evaformacion.edu.xunta.es. Identifícate co usuario p1802015_titXX no teu curso.
- Visualiza o seguinte videotitorial realizado por un compañeiro de Edixgal e segue os pasos para modificar posteriormente o contido de Aula Planeta "O Universo" introducido nunha práctica anterior:
- A primeira cuestión a ter en conta é que cando se modifica un contido de Aula Planeta, créase de xeito automático unha copia dese contido.
- Abre o contido "O Universo" e fai click en modificar. Pon un nome á copia do contido: O universo modificado. Unha vez gardado, a pantalla cambiará a "Modificar la unidad" e aparecerán unha serie de iconas de edición. (Nalgúns casos, non aparece á primeira... De ser así, repetir o proceso desde o principio.)
- Engade unha nova sección no contido premendo na icona do signo máis. Pon como nome da sección o teu nome e apelidos.
- Introduce un texto con algunha imaxe na nova sección.
- Engade unha anotación para o alumno en "Añadir anotación" (non confundir con engadir unha nota persoal): Título Ollo. Texto: Pregunta de exame.
- Engade un recurso tipo video youtube (coas etiquetas iframe: localiza o vídeo de youtube que desexes e a continuación fai click en Compartir -> Insertar e copia o código correspondente)
- Engade un documento calquera como recurso do tema.
- Engade un recurso importado do banco de recursos de Planeta: engadirase o mesmo exemplo que se describe no videotitorial. Para iso, teclea en palabras clave: universo. A continuación, selecciona o recurso "Reforza a túa aprendizaxe: O universo e a súa exploración".
- Finalmente fai click en Gardar e pechar. Unha vez gardadas as modificacións, lembra que todo o traballo realizouse sobre unha copia do contido orixinal de Aula Planeta, que é o que forma parte do noso curso (o contido orixinal, non o modificado). Cumprirá, polo tanto, incorporar o contido modificado. Para iso, no tema 3, engade unha actividade tipo caderno de estudo Aula Planeta, Ciencias Sociais, 5º de primaria... Os contidos modificados identifícanse de xeito sinxelo porque o seu nome empeza sempre por {personalizado}... : {personalizado} O universo modificado
- Finalmente, é conveniente poñer como non visible o contido orixinal de Aula Planeta "O Universo" para non confundir aos alumnos con dúas versións do tema: a orixinal e a modificada.
Como enviar esta tarefa despois de realizada
- Unha vez realizada a tarefa, envía a URL do teu espazo de prácticas en EVA formación.