Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
4.1.1 Información da páxina
Ruta: Inicio > Administrar > Configuración da páxina
Desde este lugar poderemos acceder ás opcións básicas referidas á información xeral da páxina: nome da páxina, enderezo de correo, eslogan, misión, mensaxe de pé de páxina,...

En "Nome" poñeremos aquel que consideremos adecuado: IES ...., CEIP ...., este nome será o que aparecerá no encabezado da nosa páxina.
En "Enderezo de correo-e" poñeremos o enderezo de correo electrónico do centro. A este enderezo chegarán as notificacións de sistema. É importante que sexa unha conta corporativa (***@edu.xunta.es) xa que, por motivos de seguridade, os servidores da Consellería non envía correos electrónicos a dominios que non sexan "edu.xunta.es".
Tamén podemos cubrir o campo eslogan e misión que dependendo do temas que esteamos utilizando podera verse baixo o nome que teñamos elexido.

Podemos aproveitar o eslogan para indicar, por exemplo, a nosa localidade baixo o nome do centro ou un lema que teña o centro (por exemplo: vivimos para aprender...). Teremos que ter activadas estas posibilidades na configuración específica do tema (Ruta:Inicio > Administrar> Construción da páxina> Plantillas> Configurar)
Dende o Proxecto Webs Dinámicas temos configurado un pé de páxina que os centros deben respetar, o que non quere dicir que non se poida modificar.

Podemos especificar o nome usado para identificar aos usuarios anónimos, consideramos que visitante é máis elegante que anónimo.

Por último tamén nos permite a configuración da páxina de inicio por defecto. Recoméndase node (sen comiñas). Por exemplo, na "semana da ciencia" poderiamos facer que a páxina de inicio fora a categoría que corresponde co departamento correspondente.

