Websdinámicas: Drupal administradores
Requisitos de finalización
Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
4.1 MÓDULOS QUE AFECTAN Á CONFIGURACIÓN DA PÁXINA (Opcións globais e de uso xeral da páxina)
Clasificamos as opcións deste apartado do curso segundo as posibilidades de configuración que ofrecen . Advertimos que hai opcións de configuración que poderían ir en varios apartados, non obstante preferimos presentalo así para facilitar a súa consulta indicando a principal función das opcións que atopamos ao configurar a páxina. O asterisco indica os módulos que consideramos máis decisivos para o traballo do administrador da páxina.
Posto que son opcións globais de configuración a tarefa principal do apartado está centrada na "activación" e posta en funcionamento dun módulo que por defecto non está incluido na configuración inicial. É un exemplo do que nos podemos atopar se activamos un novo módulo.
4.1.1 Información da páxina 4.1.2 Taxonomías - Menú 4.1.3 Mantemento do sitio 4.1.4 Mapa do sitio 4.1.5 Configuración da busca 4.1.6 Desconexión automática 4.1.7 Data e hora 4.1.8 Eventos 4.1.9 Collapsiblock 4.1.10 Feedback 4.1.11 Informe de erros 4.1.12 Imprimir páxinas
