Websdinámicas: Drupal administradores
Requisitos de finalización
Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
3.9 Configuración dun bloque de "novas" a través de RSS
Trátase que dun xeito sinxelo os usuarios poidan publicar Novas e que estas aparezan listadas nun bloque da páxina. Podedes ver un exemplo nesta imaxe.Requisitos:

- Ter activado e configurado o módulo Mapa do Sitio (ver Activar Mapa do Sitio).
- Ter activado o módulo Agregator
Os usuarios crean contido na categoría que configuraremos como “Novas”.
As novas actualizaranse no bloque cando, unha vez producida a actualización automáitca da orixe RSS, se execute o CRON na páxina do centro. Ainda que executar o CRON (indexación de contidos) é moi sinxelo, este é un proceso manual que deberemos executar premento en “Lanzar CRON” no bloque denominado “CRON”.
1.- Proceso de configuración do bloque:
1.1.- Creación de categoría “Novas”
1.2.- Configuración dos permisos para a categoría “Novas”
1.3.- Publicación da categoría no Mapa do Sitio: Ver Activar Mapa do Sitio
1.4.- Obtención do enlace emisor RSS da categoría “Novas”:
1.5.- Sindicación RSS á categoría “Novas”:
1.6.- Publicación do bloque coas Novas RSS
1.1.- Creación de categoría “Novas”
Ruta: Administrar -> Categorías -> Engadir Vocabulario
Cubrimos:
- Nome do vocabulario
- Seleccionamos o contido tipo “Páxina” e aqueles que decidamos que poden ser publicados nestas categorías.
- Xerarquía: simple
- No resto de opcións si temos dúbidas deixámolas en branco.
- Na “lista de categorías” prememos en “engadir termos” do vocabulario “Novas”
- Nome do termo: Novas
- Enviar
1.2.- Configuración dos permisos para a categoría “Novas”
Ruta: Administrar -> Mantemento de usuarios -> Taxonomías Acceso Permisos
Editamos os permisos para o rol “authenticated”.
Para isto deberemos despregar a táboa de permisos e neutralizalos tal que e como se amosa na imaxe:
Con isto gañaremos a posibilidade de decidir que podan publicar novas só os roles que decidamos.
Editamos os permisos para o resto dos roles que queremos que publiquen novas quendando do seguinte xeito (ver imaxe):

Gardar permisos da categoría
Nota: debido a un erro en drupal, en ocasións é necesario facer un pequeno truco para que a páxina implemente os permisos modificados, recomendamos facelo sempre que se modifique o “Taxonomías Acceso Permisos”: Administrar -> Mantemento de Usuarios -> Control de Acceso -> Gardar permisos (non é necesario modificar ningún permiso).
Neste momento xa temos unha categoría “Novas” onde os usuarios con permisos poden publicar contido.
1.3.- Publicación da categoría no Mapa do Sitio: Ver Activar Mapa do Sitio
1.4.- Obtención do enlace emisor RSS da categoría “Novas”:
Unha vez activada a visibilidade da categoría “Novas” no Mapa do Sitio accedemos ó mesmo, e co botón dereito do rato enriba do símbolo RSS que hai á dereita de "Novas" prememos en “Copiar ruta do enlace” (non confundir con “copiar a ruta da imaxe”).1.5.- Sindicación RSS á categoría “Novas”:
Ruta: Administrar -> Administración do contido -> Agregador de novas -> Engadir orixe
- Título: Novas (este será o título do bloque)
- URL: Pegamos o enlace previamente copiado no Mapa do Sitio
- Interv. de actualización: 15 min.
Neste momento xa temos un bloque desactivado denominado “últimos elementos da orixe Novas”.
1.6.- Publicación do bloque coas Novas RSS
Ruta: Administrar -> Construcción da páxina -> Bloques
En configuración do bloque podemos definir, entre outros:
- Título: en branco para que colla o da orixe de novas.
- Número de novas a amosar no bloque.
2.- Cuestións a ter en conta:
Aconsellamos crear un enlace á categoría “Novas” no menú de “Enlaces secundarios”.
Para que as novas se amosen actualizadas debemos exectuar o CRON diariamente. Porque?
Para que as novas se amosen actualizadas debemos exectuar o CRON diariamente. Porque?
Funcionamento do CRON:
O CRON executa procesos a intervalos regulares. Por exemplo, se imos amontonando papeis nunha bandexa de “papeis pendentes” o cron procésaos todos xuntos automáticamente cada certo tempo. Por motivos de seguridade nos servidores da Consellería de Educación este proceso debe realizarse de xeito manual, é por iso que temos un bloque na páxina principal denominado “CRON” a través do cal podemos executar o proceso. Nas Webs Dinámicas o CRON pon en funcionamento procesos pendientes relacionados coa sindicación RSS, co módulo Notify, etc.

Funcionamento da actualización das RSS:
Si como foi o caso, seleccionamos o intervalo de actualización das orixes de novas RSS en 15 minutos, cada 15 min a páxina buscara nos orixes sindicadas si hai novos contidos. Isto significa que o bloque que creamos, que é o que ten a sindicación, vai buscar actualizacións na categoría “Novas”, que funciona como emisora, cada 15 min. Pero OLLO! Unha vez pasados os 15 min. e actualizada a orixe de novas, só se actualizará realmente cando executemos o CRON.