Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
3.1 Taxonomías - Menú
Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías Menú

Como veremos no apartado "Menús" un dos elementos máis importantes cos que imos traballar na elaboración das nosas páxinas en Drupal son os elementos de menú dinámicos. Estes menús son en realidade termos de categorías que transformamos en elementos de menú. O obxetivo é que un contido enviado a un termo dunha categoría no momento da súa creación sexa accesible desde a estrutura visible (menús) da páxina.
Pero antes de chegar á pantalla de Menús, necesitamos realizar un paso intermedio para permitir que ás categorías e os seus termos sexan empregadas como elementos dos Menús: é necesario configurar o apartado de "Taxonomías Menú" (Ruta: Administrar > Configuración da páxina > Taxonomías Menú) tal e como se describe a continuación.
Cada categoría que teñamos creada no noso espazo web vai aparecer nesta sección de Taxonomías - Menú. Cada unha delas presenta as seguintes opcións de selección:
- Show this category in menu (amosar esta categoría en menú):
- Non
- Normal
- Vistas
Na estrutura incial que o centro recibe cando se da de alta no proxecto, as categorías levan seleccionada a opción Normal. Pero cando creamos novas categorías desde cero por defecto aparece sempre seleccionada a opción Non, que hai que modificar e pasar a Normal.
Unha vez gardada a configuración, as categorías cos seus correspondentes elementos (vocabularios e termos) aparecerán dentro do menú "Navegación", como explicaremos máis adiante.
Outras opcións do "Taxonomías - Menú"

-
Display number of nodes per terms: Amosa á dereita de cada menú ou categoría o número de contidos creados

Imaxe: menú con Display numbers activo, observamos como aparece ao lado de cada termo o número de contidos que hai publicados.
- Hide Empty Terms: Oculta aos visitantes os menús/categorías que non teñen contidos. Esta opción é moi interesante unha vez está creada a estrutura de menús xa que estes aparecerán automaticamente no momento en que un usuario cree contido nesa categoría, xa que as categorías si aparecen dispoñibles para seleccionar cando creamos contido.

Imaxe: o mesmo menú anterior pero coa opción de Hide Empty Terms activa. Observamos como os termos que non tiñan contido xa non aparecen.
-
Display desendants: (moi importante) Nunha árbore de varios niveis a aplicación amosa os contidos de xeito recursivo. Así si temos "O Centro" > "Biblioteca" > "Fantasía", os contidos de "Fantasía" aparecerán tamén en "Biblioteca" e "O Centro". Dende o Proxecto Webs Dinámicas recomendamos ter desactivada esta opción xa que xera bastante confusión.

