Websdinámicas: Drupal administradores
Requisitos do completado
Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
2.12 Control de acceso por taxonomías: permisos propios e permisos herdados
Cando establecemos os permisos de acceso por taxonomías para un determinado rol de usuarios, consideramos eses permisos como propios dese rol.Sen embargo tódolos usuarios dispoñen, ademáis dos permisos propios do rol ao que pertencen, de outros permisos aos que denominaremos permisos herdados.
Cales son os permisos propios do rol?
Os permisos propios do rol son aqueles que asignamos específicamente para ese rol en concreto, no control de acceso por taxonomías.
Cales son os permisos herdados?
Os permisos herdados son aqueles permisos que asumen os usuarios a maiores dos permisos propios do seu rol, que están establecidos para o rol xenérico "usuario autenticado" (authenticated user).
Por defecto calquera novo usuario que damos de alta en DRUPAL forma parte do rol "usuario autenticado". A maiores, formará parte tamén do rol específico ao que o asignemos.
Polo tanto, cada usuario asumirá (de forma combinada) os permisos de acceso por taxonomía destes dous roles:
- Os permisos establecidos para o rol específico ao que pertence o usuario (permisos propios)
- Os permisos establecidos para o rol xenérico "usuario autenticado" (permisos herdados).
- Rol de usuario autenticado (authenticated user)
- Rol específico ao que pertence o usuario
