1. Drupal: Administración do contido

administración do contidoDrupal é un xestor de contidos ou CMS que se adapta ás necesidades dos centros educativos á hora de crear o seu portal ou páxina web do centro.
Entre algunha das súas características principais están as seguintes:
  • Conta cunha ampla comunidade de usuarios que o empregan e o manteñen.
  • Está baseado en software libre.
  • Presenta un entorno modular.
  • É multiusuario, é dicir, permite acceder á plataforma con diferentes roles e permisos.
  • Múltiples ferramentas de traballo colaborativo.
  • Permite a creación dun blogue persoal para cada usuario.
  • O código xerado é moi limpo e cumple cos estándares W3C de accesibilidade.

Tamén permite manexar de maneira totalmente independente o contido e o deseño da páxina. Sendo posible modificar e darlle en calquera momento un deseño a páxina sen ter que darlle de novo formato o contido.

Neste bloque trataremos os diferentes tipos de contidos e a súa administración ou xestión, así como da clasificación dos mesmos.