Websdinámicas: Drupal administradores
Completion requirements
Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
5.9 Convetir o formato dun vídeo, usando SUPER
Outra forma de convertir o formato dun vídeo será usando o conversor SUPER © eRightSoft (http://www.erightsoft.com/SUPER.html)
A continuación, de modo sinxelo, explicamos como sería o proceder con este programa para realizar a convesión entre formatos de vídeo.

A continuación, de modo sinxelo, explicamos como sería o proceder con este programa para realizar a convesión entre formatos de vídeo.

- Nesta zona facemos clic co botón dereito do rato. Aparecerá un menú emerxente e desde a primeira opción engadimos o vídeo que desexamos converter: Add Multimedia File(s)
- Seleccionamos o formato do vídeo de salida. Neste caso teriamos que seleccionar o formato FLV, que é o que empregaremos posteriormente na web.
- Axustes de vídeo: podemos personalizar o tamaño, aspecto e outras características que terá o novo vídeo. Para a web é importante que o tamaño non sexa demasiado grande, entre 320x240 e 353x288 é suficiente.
- Axustes de audio: podemos realizar diferentes axustes sobre a calidade do audio que incorporará o vídeo final. Pódense deixar as opcións que marque por defecto.
- Unha vez axustados os parámetros, premeremos sobre o botón Encode para iniciar a conversión.
