Websdinámicas: Drupal administradores
DRUPAL administradores: Web do centro
Proxecto Webs dinámicas
Este proxecto consiste en ofrecer a os centros educativos preinstaladas no seu espazo web un conxunto de aplicacións que lles permitirá construir os seus portais educativos e aulas virtuais dun xeito sinxelo en contorno web.Actualmente as ferramentas preinstaladas son Drupal, Coppermine e Moodle (orixinariamente tamén se realizaba a instalación de phpWebQuest, que se deixo de empregar neste proxecto por problemas de seguridade).
Os centros adscritos ao proxecto terán a máis da instalación o asesoramento "in situ" para a posta en marcha inicial do proxecto por parte dos asesores da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos (asesores ABALAR/SIEGA).
Dispoñen tamén dun portal de referencia, http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas, no que a comunidade de centros conta con foros, talleres ou mensaxería para solucionar calquera custión relacionada co tema.
É tamén a propia consellería quen se encarga do mantemento e actualizacións das aplicacións a novas versións.
Nos centros educativos deberá existir un grupo de profesores que farán as funcións de administradores dos espazos no centro. Estas persoas serán as encargadas de, por exemplo, dar de alta aos novos usuarios que desexen empregar as ferramentas e, tamén, dar de baixa das mesmas aos que xa non formen parte do centro, definir a estrutura das páxina, dar permisos aos usuarios, etc.
Neste curso veremos os apartados relevantes a este tipo de perfil: os adminitradores das ferramentas do proxecto Webs Dinámicas do centro educativo.
Un saúdo.
4.2.2 Subida de arquivos
Ruta: Inicio > Administrar > Configuración da Páxina > Subida de Arquivos
Mediante está opción configuramos que tipo de adxuntos poden ir acompañando a un contido. Tamén o tamaño máximo destes (expresado en MB) e o tamaño total dos arquivos acumulados na páxina polos usuarios pertencentes a un rol.
A configuración por defecto é a que se mostra na páxina á que se accede na ruta: Administrar > Configuración da páxina > Subida de arquivos.

Dentro deste apartado da configuración podemos establecer diferentes configuracións segundo os roles. Así teremos unha configuración para o administrador da páxina como se amosa na imaxe.

ou tamén teremos unha configuración para o rol profesor como se aprecia na imaxe

Deberemos ter en conta que se queremos engadir un arquivo cunha extensión non recoñecida por defecto en Drupal é aquí onde a deberemos engadir, pero tendo en conta que o deberemos facer para cada un dos roles.
O importante é que debemos configurar as subidas dos arquivos segundo sexan as necesidades de cada un dos roles e dos usuarios asignados a cada rol.
