Section: Introdución | Documentación das aulas virtuais (Moodle 3.x) | AV

Main course page

Introdución

  • Introdución

    Comenzamos explicando algúns conceptos básicos así como aqueles aspectos de carácter xeral que nos axudarán a entender o funcionamento de Moodle.

    Veremos cales son os elementos principais que se mostran na pantalla de Moodle, como xestionar a información persoal do usuario, como xestionar os ficheiros propios e os ficheiros do curso no que estamos traballando, así como tamén algúns aspectos que son comúns en canto ao traballo cos recursos e as actividades.

    • Cómo acceder á aula virtual de Webs Dinámicas, cómo iniciar sesión e cómo rexistrarse.

    • Se tes correo electrónico no teu perfil da aula virtual podes restablecer o contrasinal seguindo estas instrucións.

    • Logo alula virtualNesta páxina descríbese como configurar na web do centro un bloque cunha icona e un enlace de acceso á aula virtual.

      Considerase moi recomendable que todos os centros do proxecto Webs Dinámicas configuren este bloque para que os alumnos poidan identificar claramente o acceso ás súas respectivas aulas virtuais.

    • Nesta páxina pódense consultar as actualizacións e novas características do software Moodle co que se implementan as aulas virtuais do proxecto Webs Dinámicas.