Acceso á Aula Virtual, inicio de sesión e autorexistro
1.- Acceso á aula virtual
A aula virtual dun centro educativo dentro do proxecto Webs Dinámicas ten un enderezo web do tipo: https://www.edu.xunta.gal/centros/nome_do_centro/aulavirtual , onde "nome_do_centro" corresponde á denominación de cada centro educativo. Tamén, para facilitar o acceso, a páxina web de cada centro leva incorporado un enlace preconfigurado na cabeceira á Aula Virtual.
2.- Inicio de sesión
Unha vez visualizada a aula virtual no navegador, para acceder á mesma hai que pinchar sobre o botón Acceder localizado na parte superior dereita da pantalla como se pode ver na seguinte imaxe.

Entón aparece o formulario para introducir o nome de usuario e contrasinal. No caso de ter esquecido o contrasinal este mesmo formulario ofrece a posibilidade de recordalo premendo en Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal? que nos remitirá a unha páxina coas instruccións para recuperar o contrasinal.
Tamén podemos iniciar a sesión como convidado para ver os cursos que permitan este tipo de acceso, pero deste xeito nunca poderemos participar activamente neles.

3.- Autorexistro
Para poder acceder é preciso estar rexistrado previamente como usuario da aula virtual; este rexistro o fan, habitualmente, os administradores da aula virtual, pero tamén temos a opción de autorexistrarnos sempre que esta posibilidade sexa activada no sitio.
Se o autorexistro está activado, no formulario de inicio de sesión anterior, aparece un bloque con instrucións (É esta a súa primeira vez aquí?) e un botón "Crear unha nova conta" no que pulsaremos para rexistrarnos na aula virtual.
Para poder rexistrarse na aula virtual deste xeito é preciso dispoñer dunha conta de correo electrónico. Este sistema só debe ser empregado polo profesorado dos centros e polo alumnado maior de 14 anos que dispoña, como dicimos, dunha conta de correo electrónico.

Cando pulsemos no botón "Crear unha nova conta" aparece o seguinte formulario no que debemos introducir os datos que se piden:

Como se indica, todos os campos marcados con * hai que cubrilos obrigatoriamente:
- Nome de usuario ---> é o identificador que imos a usar para entrar na aula virtual.
- Para o profesorado recoméndase usar o mesmo que do correo corporativo (o que vai antes de @edu.xunta.gal) xa que non se vai repetir entre todo o profesorado do centro.
- Para o alumnado recoméndase establecer algunha norma que minimice as coincidencias. Unha proposta de norma podería ser:
- Utiliza en primeiro lugar o nome de usuario do correo que vas utilizar para darte de alta.
- Se o anterior xa existe ou como alternativa utiliza o nome de pila e primeiro apelido separados por un punto. Por exemplo xose.perez
- Se o anterior xa existe engádelle o segundo apelido. Por exemplo xose.perez.castro
- Se o anterior xa existe engádelle o ano de nacemento.
- Contrasinal ---> o contrasinal é secreto e persoal. Debe cumprir cos requisitos que se indican no formulario. O administrador da aula virtual pode modificar estes requisitos.
- Enderezo de correo ---> temos que inserir unha dirección válida de correo electrónico (O alumnado ten que ter máis de 14 anos para poder dispoñer dunha conta de correo electrónico).
- Repetir correo electrónico ---> temos que volver a repetir a dirección posta no apartado anterior.
- Nome ---> poñeremos o noso nome de pila
- Apelido ---> aquí indicamos os nosos apelidos.
- Cidade/Vila ---> indicamos a nosa cidade, este campo non é de caracter obrigatorio; pódese deixar en branco.
- País ---> indicamos o noso país, por defecto xa aparece España.
Debemos premer en "Non son un robot" e responder ao desafío que se plantexa.
Por último prememos en "Crear unha nova conta miña".
Se o nome de usuario ou o correo electrónico introducidos xa está rexistrado, o rexistro será rexeitado e deberemos modificar o dato repetido. No caso de que estea repetido o nome de usuario, normalmente será porque outra persoa xa se rexistrou con el e simplemente debemos seguir a norma establecida para poñer un nome distinto. No caso de que estea repetido o correo electrónico, debería significar que en realidade xa estamos rexistrados, xa que ningunha outra persoa debería ter feito o rexistro coa nosa conta de correo.
Se os datos son correctos, o sistema enviará unha mensaxe de correo electrónico á conta que se utilizou para este rexistro con instrucións e un enlace para validar o rexistro e poder entón entrar na aula virtual.