Como acceder desde a Aula Virtual a Agueiro
Logo

    

    

Como podo acceder desde a Aula Virtual a Agueiro?

   

number1.pngOs usuarios autenticados da Aula Virtual do centro verán que na parte superior dereita da súa aula virtual aparece un novo bloque titulado "Servidores de rede" que lles permite acceder directamente a Agueiro, simplemente facendo clic sobre o enlace.

 Acceso desde Moodle

   

number2.pngDespois de facer clic sobre o enlace "Servidores de rede - AGUEIRO" (na Aula Virtual), o usuario inicia sesión de forma automática por primeira vez en Agueiro. Neste primeiro inicio de sesión automático o usuario está obligado a confirmar o contrasinal ou introducir un novo para Agueiro. Neste caso, o usuario pode introducir o mesmo contrasinal que usa na Aula Virtual ou introducir un contrasinal diferente para Agueiro.

O nome de usuario non cambia e será o mesmo que utiliza para iniciar sesión na Aula Virtual (1)    

   

 Acceso Agueiro  

  

(1) No caso de que o nome de usuario exportado automáticamente desde a Aula Virtual xa existira previamente en Agueiro, a propia aplicación Agueiro asignaralle a este usuario de forma automática un novo nome de usuario (exclusivo para Agueiro), que normalmente consistirá en engadir un número a continuación do nome de usuario orixinal.
Neste caso concreto, para coñecer o novo nome de usuario que lle asignou Agueiro, o usuario deberá iniciar sesión na Aula Virtual (inicio único de sesión) e a continuación pasar a Agueiro onde poderá consultar o seu nome de usuario na pantalla de perfil do usuario. 

     


Última modificación: luns, 4 de novembro de 2019, 11:44 AM