1.1. Como solicitar a integración das plataformas

Como solicitar a integración Agueiro + Moodle?
Os centros educativos que cumplan os dous requisitos anteriores poderán solicitar esta integración enviando un correo a "agueiro@edu.xunta.gal" desde a conta de correo do propio centro educativo, indicando os datos de contacto do(s) profesor(es) que figuren como administrador da aula virtual (Moodle) e administrador da comunidade virtual (Agueiro), do centro educativo.
Non se admitirá ningunha solicitude enviada desde unha conta de correo distinta á conta de correo corporativa oficial do propio centro educativo.
O procedemento para a interconexión das dúas plataformas non precisa de ningún tipo de intervención por parte do centro nin por parte dos usuarios, pero require da realización dunha configuración específica tanto na aula virtual (Moodle) como na comunidade virtual (Agueiro) do centro, que será realizada polos responsables do proxecto Agueiro despois de recibir a solicitude por parte do centro.
Cando todo o proceso estea rematado, o centro educativo e os profesores do centro que figuren como administradores de cada unha das plataformas recibirán confirmación por correo electrónico.
Requisitos previos que debe cumplir o centro educativo
Os centros educativos que desexen realizar esta integración da súa Aula Virtual (Moodle) con Agueiro, previamente deberán cumplir os seguintes dous requisitos:
- O centro debe dispoñer da aula virtual (Moodle) do proxecto "Webs Dinámicas"
- O centro debe dispoñer dunha comunidade virtual en "Agueiro"
No caso de non dispoñer de algunhas das dúas plataformas web, indícase a continuación o procedemento a seguir en cada caso.
- Como solicitar para o centro a instalación das aplicacións de "Webs Dinámicas":
Desde a conta de correo do centro deberá enviar un correo electrónico a "websdinamicas@edu.xunta.gal" coa súa solicitude. - Como solicitar para o centro alta dunha comunidade virtual en "Agueiro":
Desde a conta de correo do centro deberá enviar un correo electrónico a "agueiro@edu.xunta.gal" coa súa solicitude.