A clave é practicar
Faite co kit de electricidade básica ou o kit de circuítos de papel, revisa as indicacións das fichas propostas e crea un primeiro circuíto básico. Pensa como tes que colocar a pila, o led e como ese interruptor ten que mandar nese pequeno circuíto.

Lembra que estamos a falar dunha conexión dos elementos eléctricos en serie.
Unha vez teñas practicado coas diferentes fichas do kit, imos centrarnos no circuíto da nosa maqueta.
Para iso, tes que escoller esta sinxela ficha que vai axudarche a acardar con éxito a montaxe:

Podemos representar o circuíto cun esquema eléctrico empregando os símbolos universais:

A correspondencia entre o debuxo ou ilustración e o seu símbolo é esta:

Unha vez dominados os circuítos do kit, podemos voltar ao reto e dar vida á nosa maqueta.
Segue as indicación da guía "paso a paso" para logralo.
