Indicadores dun obxectivo
Indicadores dun obxectivo
(lapela "Obxectivos")
Cada obxectivo leva asociado polo menos un indicador co que mediremos o grao de alcance deste.
O cadro de introdución do indicador está oculto. Se prememos na icona "Bandeira"
, que está a carón do obxectivo, ábrese na parte superior da pantalla.

Sobre o cadro "Indicadores" ábrese tamén en modo visor a información do obxectivo co que estamos traballando.

De xeito similar ás demais lapelas, se prememos no botón "Engadir" , visualizarase dentro deste cadro outro co título "Edición de indicador" que permite introducir a información correspondente.

Indicador: enunciado do indicador.
Valor inicial: valor de partida do indicador.
Valor obxectivo ano 1: valor a acadar para o obxectivo. Cómpre ter en conta que o Plan Dixital é un plan anual.
Valor acadado: valor a introducir na avaliación final anual do Plan Dixital.
Para rematar prememos no botón "Gardar"
.
Veremos unha listaxe coa información introducida que inclúe as iconas de edición
e borrado
.
Podemos insertar máis dun indicador para un mesmo obxectivo, aínda que non é unha opción recomendable.

Os datos do indicador visualízanse en xanelas emerxentes dende varias pantallas se o punteiro do rato se sitúa sobre o obxectivo.

Importante:
- É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
- Na avaliación final do Plan Dixital volvemos a esta lapela e modificamos o "Valor acadado" do indicador para cada un dos obxectivos.