Indicadores dun obxectivo indicadores (lapela "Obxectivos")

Cada obxectivo leva asociado polo menos un indicador co que mediremos o grao de alcance deste.

O cadro de introdución do indicador está oculto. Se prememos na icona "Bandeira" indicadores , que está a carón do obxectivo, ábrese na parte superior da pantalla.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para acceder aos indicadores do obxectivo.

 

Sobre o cadro "Indicadores" ábrese tamén en modo visor a información do obxectivo co que estamos traballando.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a xestión dos indicadores do obxectivo.

De xeito similar ás demais lapelas, se prememos no botón "Engadir" engadir, visualizarase dentro deste cadro outro co título "Edición de indicador" que permite introducir a información correspondente.

Imaxe de captura da plataforma EduCalidade que amosa o apartado para a edición dos indicadores vinculados a cada obxectivo.

1.  Indicador: enunciado do indicador.

2. Valor inicial:  valor de partida do indicador.

3.Valor obxectivo ano 1: valor a acadar para o obxectivo.  Cómpre ter en conta que o Plan Dixital é un plan anual.

4.Valor acadado: valor a introducir na avaliación final anual do Plan Dixital.

Para rematar prememos no botón "Gardar" gardar.

Veremos unha listaxe coa información introducida que inclúe as iconas de edición edición e borradoeliminar.

Podemos insertar máis dun indicador para un mesmo obxectivo, aínda que non é unha opción recomendable.

Captura da plataforma EduCalidade na que se amosa o apartado para visualizar os datos do obxectivo.

 Os datos do indicador visualízanse en xanelas emerxentes dende varias pantallas se o punteiro do rato se sitúa sobre o obxectivo.

Captura da plataforma EduCalidade que amosa os datos do indicador ao situar o punteiro do rato sobre o obxectivo.


aviso Importante

  • É recomendable premer no botón de "Gardar" con certa frecuencia para evitar que se perda o traballo por desconexión da plataforma.
  • Na avaliación final do Plan Dixital volvemos a esta lapela e modificamos o "Valor acadado" do indicador para cada un dos obxectivos.
Last modified: Thursday, 2 February 2023, 12:55 PM