Section outline

  • Comezamos o curso e é probable que varios de vós levedes un longo período de tempo sen facer a actividade física recomendada para as vosas idades. Isto é debido a que non verán soemos relaxar as nosas rutinas.

    Con esta unidade didáctica pretendemos que sexades quen de valorar o estado da vosa condición física en relación a uns estándares  e máis ao voso curso. 

    • Abertas: xoves, 24 de outubro de 2024, 12:00 AM
      Pendente: venres, 8 de novembro de 2024, 11:55 PM

      Esta tarefa consiste en cubrir os resultados e as notas que acadaches nas probas físicas destes días.

      Lendo a ficha verás que tes que facer:

      1.- Cubrir as túas marcar, as marcas do curso (4º ESO) e máis as marcas do Instituto.

      2.- Calcular o teu IMC a partir do teu peso e a túa talla para logo dar un diagnóstico.

      3.- Facer unha gráfica que represente a túa condición física, e outra para a media do teu curso.

      4.- Por último terás que contestar a tres preguntas. Para contestar non vale que poñas tan só "si, non, ben, mal, pouca, moita..." Se non que deberás xustificar a túa resposta redactando o porqué da túa resposta.

      Debaixo desta tarefa terás un vídeo explicativo de como cubrir as marcas, as notas, calcular o IMC e facer as gráficas.

      Para calquera dúbida emprega o foro de dúbidas desta entrada.

      DATA LÍMITE  VENRES 08 DE NOVEMBRO ÁS 23:55.

    • Aquí terás un titoríal que te axudará a realizar a tarefa desta unidade.
      Lembra que para calquera consulta tes o foro de dúbidas nesta mesma unidade.
    • Aquí veredes:

      1.  Como rematar a tarefa.
      2. Como convertila en pdf (se non está neste formato non vos deixará enviala).
      3. Como enviala pola aula virtual.

    • RECOMENDACIÓNS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE DA OMS (Organización Mundial da Saúde)

      Mozos (5 a 17 anos)

      Para os nenos e mozos deste grupo de idades, a actividade física consiste en xogos, deportes, desprazamentos, actividades recreativas, educación física ou exercicios programados, no contexto da familia, a escola ou as actividades comunitarias. Co fin de mellorar as funcións cardiorrespiratorias e musculares e a saúde ósea e de reducir o risco de ENT(enfermidades non transmisibles: doenzas cardiovasculares, cancro, doenzas respiratorias, diabetes...), recoméndase que:

      Os nenos e mozos de 5 a 17 anos invistan como mínimo 60 minutos diarios en actividades físicas de intensidade moderada a vigorosa.

      A actividade física por un tempo superior a 60 minutos diarios reportará uns beneficios aínda maiores para a saúde.

      A actividade física diaria debería ser, na súa meirande parte, aerobia. Conviría incorporar, como mínimo tres veces por semana, actividades vigorosas que reforcen, en particular, os músculos e ósos.

      PARA MÁIS INFORMACIÓN:

      https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/physical-activity

    • .Para calcular o voso Índice de Masa Corporal (IMC) podedes empregar esta calculadora en liña.

      Lembrade seleccionar o sistema métrico na calculadora antes de comezar.