Ao final facemos o concurso cun cuestonario sobre bibliotecas?
Por se vai adiante, aquí van unhas preguntas modelo:
CUESTIONARIO BIBLIOTECAS
- En que cidade exipcia, famosa polo seu faro -considerado unha das sete marabillas do mundo- se fundou no século XIII a biblioteca máis famosa da época antiga? (Alexandría)
- Novela do escritor francés David Foenkinos que trata de libros que non chegan nunca a publicarse (La biblioteca de los libros rechazados)
- Famosa novela de Umberto Eco ambientada nunha biblioteca dunha abadía benedictina (El nombre de la rosa)
- Durante a pandemia do coronavirus, no IFEMA en Madrid, que se habilitou como hospital, creouse unha biblioteca para os pacientes. Que nome recibiu? (Biblioteca Resistiré)
- De quen é esta famosa frase: "Sen bibliotecas, que nos quedaría? Non teriamos pasado nin futuro"? (Ray Bradbury)
- Cal se considera a biblioteca máis grande do mundo? (Biblioteca do Congreso dos EEUU)
- Como se chama a biblioteca que ocupa un dos edificios da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela? (Biblioteca de Galicia)
- A Biblioteca de Hogwarts que aparece nas películas de Harry Potter é en realidade unha librería dunha cidade portuguesa. Como se chama a librería e en que cidade se atopa? (Livraria Lello & Irmãos, en Porto)
- En que biblioteca se conserva o coñecido Pergamiño Vindel, que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax? (Na Pierpoint Morgan Library de Nova York)
- Que nome recibe a biblioteca do noso centro? (Biblioteca María Mariño)