Ir ao contido principal
AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. XH2eso
  3. OS REIS CATÓLICOS. DESCUBRIMENTO, CONQUISTA E COLONIZACIÓN DA AMÉRICA HISPÁNICA. O IMPERIO DOS AUSTRIAS
  4. COMENTA UNA OBRA DO BARROCO

COMENTA UNA OBRA DO BARROCO

Requisitos do completado
Abertas: venres, 12 de xuño de 2026, 12:00 AM
Pendente: xoves, 18 de xuño de 2026, 12:00 AM

MENINAS

Coa obra arquitectónica, escultórica ou pictórica que tes seleccionada, elabora un comentario da mesma en Canva (por exemplo), para despois converter esa información gráfica e/ou con archivo de audio, a un código QR. A obra de arte deberala imprimir en color en un folio DIN A4 pegando tamén nunha esquina o código QR. LEMBRA DARLLE A PERMITIR A VISUALIZACIÓN DO TEU CANVA

A información coa que debe contar a obra de arte encomendada:

-obra arquitectónica, escultórica ou pictórica.

-Nome da mesma.

-Autor.

-Cronoloxía.

-Situación xeográfica: museo, cidade, país.

-estilo: Barroco.

-Características:

Se é un edificio, enumerar os elementos que configuran o mesmo: columnas, arcos, entaboamento, cúpulas, elementos decorativos, etc.; material construtivo, tipo de planta do edificio, uso (relixioso, civil...). Deberás engadir algún outro elemento que describa a obra, edificios semellantes, etc.

Se é unha obra escultórica, identificar se é un relevo ou unha escultura de vulto redondo, o material con que é esculpida, proporcións, tipoloxía (busto, conxunto escultórico, estatua ecuestre, paso procesional, etc; a temática (relixiosa, mitolóxica, retrato...); se é naturalista ou idealizada; se é estática ou se transmite movemento na súa composición; resume o mito (se é mitolóxica) ou a pasaxe bíblica ou dos Novos Testamentos (se é relixiosa). Tamén podes engadir calquera información relevante para a comprensión da obra.

Se, por último, tes que analizar unha obra pictórica, indicarás se é un fresco, pintura ao oleo, etc., as súas proporcións, a temática (relixiosa, mitolóxica, retrato, paisaxe, pintura histórica, costumista, etc); a composición, se é unha pintura idealizada ou realista,  a utilización da luz (se é natural ou non), a busca de profundidade, etc. Neste caso tamén resumirás o mito, a información sobre o personaxe retratado, a pasaxe histórica que está narrando, etc., facendo unha descrición detallada do cadro. 

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle