Xeografía e Historia 2º ESO
Section outline
-

-
Elixe un emperador romano da seguinte lista, debuxa o seu retrato nun folio ou cartulina DIN A4, indicando o seu nome, a súa familia ou dinastía, os anos durante os cales gobernou, as campañas militares que realizou (se fixo algunha), os edificios que mandou construír durante o seu mandato, e os feitos máis significativos que poidas destacar.
https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Emperadores_romanos
-
Xoga ao kahoot e repasa o traballado no tema de Grecia.
-
Xaga e repasa a unidade sobre Roma e a Hispania Romana.
-

-
Practicade xogando.
Máximo de intentos por alumno/a: 2
-

-
Xoga e repasa ao mesmo tempo. Lembra que tes dous intentos.
-

-
Xoga, practica e repasa a parte de arte deste tema. Lembra non facer máis de 3 intentos.
-

-
Repasa xogando ao Kahoot a unidade que rematamos. Lembra non superar dous intentos, para que todos poidades xogar.

-

-
Elabora un informe sobre algunha das mulleres máis influíntes do Humanismo e do Renacemento que enumeramos na clase, centrándote no lugar onde viviron, o período que abarcaron, o campo no que destacaron, unha biografía do personaxe adxudicado e a influencia que tiveron.
Inclúe imaxes, obras, e bibliografía ou webgrafía no teu informe.
-
Elabora un suposto diálogo entre o Papa León X e Martín Lutero
-
OS REIS CATÓLICOS. DESCUBRIMENTO, CONQUISTA E COLONIZACIÓN DA AMÉRICA HISPÁNICA. O IMPERIO DOS AUSTRIAS

-

Coa obra arquitectónica, escultórica ou pictórica que tes seleccionada, elabora un comentario da mesma en Canva (por exemplo), para despois converter esa información gráfica e/ou con archivo de audio, a un código QR. A obra de arte deberala imprimir en color en un folio DIN A4 pegando tamén nunha esquina o código QR. LEMBRA DARLLE A PERMITIR A VISUALIZACIÓN DO TEU CANVA
A información coa que debe contar a obra de arte encomendada:
-obra arquitectónica, escultórica ou pictórica.
-Nome da mesma.
-Autor.
-Cronoloxía.
-Situación xeográfica: museo, cidade, país.
-estilo: Barroco.
-Características:
Se é un edificio, enumerar os elementos que configuran o mesmo: columnas, arcos, entaboamento, cúpulas, elementos decorativos, etc.; material construtivo, tipo de planta do edificio, uso (relixioso, civil...). Deberás engadir algún outro elemento que describa a obra, edificios semellantes, etc.
Se é unha obra escultórica, identificar se é un relevo ou unha escultura de vulto redondo, o material con que é esculpida, proporcións, tipoloxía (busto, conxunto escultórico, estatua ecuestre, paso procesional, etc; a temática (relixiosa, mitolóxica, retrato...); se é naturalista ou idealizada; se é estática ou se transmite movemento na súa composición; resume o mito (se é mitolóxica) ou a pasaxe bíblica ou dos Novos Testamentos (se é relixiosa). Tamén podes engadir calquera información relevante para a comprensión da obra.
Se, por último, tes que analizar unha obra pictórica, indicarás se é un fresco, pintura ao oleo, etc., as súas proporcións, a temática (relixiosa, mitolóxica, retrato, paisaxe, pintura histórica, costumista, etc); a composición, se é unha pintura idealizada ou realista, a utilización da luz (se é natural ou non), a busca de profundidade, etc. Neste caso tamén resumirás o mito, a información sobre o personaxe retratado, a pasaxe histórica que está narrando, etc., facendo unha descrición detallada do cadro.

