1. Le o Comentario sobre o Libro IV (427d-432b) da República e anota as definicións das virtudes da sabedoría (prudencia), a fortaleza  (valor) e a temperanza.
  2. Le o Comentario sobre o Libro IV (432b-434d) da República e anota as definicións de xustiza e inxustiza.
  3. Identifica no Texto 1 da CIUG as frases onde se reproduce cada unha das definicións das actividades anteriores. ¿Que relación hai entre a xustiza e as outras virtudes?
  4. Le o Comentario sobre o Libro IV (434d-441c) da República. ¿Que tres partes da alma distingue Platón?  Describe a narración sobre Leoncio ante os axusticiados no Pireo e indica cal é o papel de cada unha das tres partes da alma en dita narración.
  5. O Texto 4 presenta o mito do carro alado como forma de entender a alma humana. ¿Con que elemento deste mito se identifica cada unha das partes da alma distinguidas na narración sobre Leoncio no Pireo? ¿Que quere dicir Platón neste mito ao falar da "pérdida das ás" no caso das almas dos mortais? Podes consultar as pp. 44-45 das fotocopias para entendelo mellor.
  6. Explica en que sentido podemos afirmar que a antropoloxía de Platón é dualista.
  7. Indica o programa de estudios que corresponde aos habitantes da polis ideal según a República. ¿Hai algunha correspondencia cos graos de coñecemento do símil da liña? Razoa a resposta.
  8. Ordena os rexímenes políticos de máis a menos virtuoso e indica a que clase social pertencerían os gobernantes en cada un deles.
  9. Recapitulación: le o Comentario sobre o Libro IV (441c-443b) da República e resposta ás preguntas 18-79 do test.
Última modificación: mércores, 9 de outubro de 2024, 10:52 AM