HISTORIA DA FILOSOFÍA 2ºBACH ABCDE FERNANDO
Section outline
-
-
Foro para comunicados urxentes e relevantes por parte do profesor.
-
Contidos, metodoloxía e avaliación de Historia da filosofía durante o curso 2026-2027
Algúns consellos útiles para ter un resultado excelente:
- Toma notas das explicacións do profesor. Non te limites a copiar as palabras escritas no encerado.
- Fai esquemas das fotocopias de cada tema a medida que se vaian vendo en clase. Non esperes a que haxa exame.
- Adica 5 minutos en casa a ler o que anotaches ese día. Completa frases soltas e incompletas dos apuntamentos empregando as fotocopias.
- En canto soluciones unha dúbida, sexa en clase ou na casa, anota a resposta na túa libreta.
- Fai os comentarios de texto do teu puño e letra sen copiar da IA.
-
Que serán empregadas nas probas e actividades da materia
-
Modelo de exame, información sobre a proba e textos dos autores
-
Datos biográficos e explicación da teoría de cada filósofo ao nivel de bacharelato. Dispoñible na páxina Webdianoia do profesor José María Fouce. Serve como complemento ao material das distintas unidades.
-
Vocabulario de termos técnicos de filosofía. Nivel básico
-
Vocabulario de termos técnicos de filosofía. Nivel avanzado
-
Exposicións rigorosas á vez que amenas sobre os principais temas e autores da historia da filosofía. Elaboradas por Enric F. Gel
-
Videos breves e básicos con esquemas acerca de conceptos e autores. Elaborados por Daniel Rosende
-
Completísimo mapa coas relacións de acordo e desacordo das ideas dos principais autores da historia da filosofía. Ten buscador por temas e autores. Elaborado por Deniz Cem Önduygu
-
-
OS PRESOCRÁTICOS.
OS SOFISTAS E SÓCRATES.
PLATÓN.
-
Imprime o documento. Debes telo sempre contigo na clase
-
Ámbito xeográfico da filosofía antiga. Mapa mudo no que deberás localizar os lugares que se mencionan no tema.
-
Fragmento do primeiro capítulo da serie de TV Cosmos (1980), de Carl Sagan.
-
Fragmento do primeiro capítulo da serie Grecia, crisol de la civilización (2000)
-
- Localiza no mapa do Mediterráneo oriental os seguintes lugares: península itálica, illa de Sicilia, rio Nilo, Mar Negro, illa de Creta, península do Peloponeso, Asia Menor, Exipto, Fenicia, Babilonia, mar Exeo, Xonia, Magna Grecia.
- Identifica os catro periodos da historia de Grecia.
- Consulta os teus apuntamentos do pasado ano sobre o "paso do mito ao logos". Despois resume na túa libreta o apartado "2. Condicións da aparición da filosofía en Grecia".
- Le a información sobre Tales e resume o seu pensamento.
- Fai o seguinte test sobre a vida e obra de Tales de Mileto.
- Completa a información dos apuntamentos co video sobre os filósofos presocráticos (primeira parte).
- Completa a información dos apuntamentos co video sobre os filósofos presocráticos (segunda parte).
- Reconstrúe o seguinte fragmento de Heráclito.
- Reconstrúe o seguinte fragmento de Parménides.
- Relaciona os elementos das seguintes columnas.
- Fai un cadro resumo na túa libreta onde sinales, para cada autor presocrático: nome, século, polis, arché, explicación, e carácter monista ou pluralista.
- Fai o seguinte encrucillado sobre os presocráticos
- Repaso: cuestionario verdadeiro/falso sobre os presocráticos.
-
Fragmento da película Socrate de Roberto Rossellini (1971)
-
Dous fragmentos da película Socrate de Roberto Rosellini (1971)
-
- Fai un breve resumo das Guerras Médicas e da Guerra do Peloponeso. Sinala quen foi Pericles.
- Distingue os órganos da democracia ateniense e indica a función de cada un. ¿Que crítica lle fai Sócrates ao sistema democrático?
- ¿Quen foi Aspasia de Mileto? Fai un breve resumo da súa vida.
- Explica quen foron os sofistas e razoa por que prosperaron no contexto da democracia ateniense.
- Desenvolve o pensamento do sofista Protágoras empregando o enlace.
- Recostrúe a célebre frase de Protágoras.
- Fai o seguinte test sobre os sofistas.
- Explica os pasos do método socrático: ironía e maiéutica. ¿Cal corresponde co fragmento de video? Razoa a resposta.
- ¿En que consiste o "intelectualismo moral" socrático? Inclúe na túa resposta o cambio no sentido do concepto de virtude (areté) que se produce entre o periodo arcaico e o clásico.
- Relaciona as dúas columnas sobre o pensamento de Sócrates.
- Fai o seguinte xogo para afondar na vida e morte de Sócrates.
- Para repasar: macrotest sobre os presocráticos, os sofistas e Sócrates.
-
Biopic que narra con detalle los últimos días de Sócrates, incluyendo el juicio y su ejecución. Roberto Rossellini nos muestra al filósosofo griego discutiendo en el ágora y muestra tambien los acontecimientos políticos que lo llevaron a su histórico juicio. (FILMAFFINITY)
-
- Razoa por que a Idea "mesa" é máis que a mesa particular que usas na clase empregando para elo as características do Ser de Parménides. Fai a actividade 6 da páx. 36.
- Explica a creación do mundo sensible según o diálogo Timeo. Razoa que conceptos toma esta narración da teoría de Pitágoras e da de Anaxágoras. Consulta os teus materiais sobre ontoloxía de 1º Bac.
- Resume na túa libreta o célebre Mito da caverna de Platón presente nas pp. 38-40 das fotocopias e no Texto 3 da CIUG (República VII, 514a517c). Fai a actividade 9 da p. 39 e emparella tamén os elementos das dúas columnas. Este esquema explicado pode servirche para entendelo mellor.
- Le con atención o apartado sobre o proceso de coñecemento (pp. 41-42) e reelabora na túa libreta o Símil da liña, onde se poñen en relación os niveis de realidade e os niveis de coñecemento. Emparella tamén os elementos das dúas columnas.
- Identifica no Texto 2 da CIUG os párrafos e fragmentos onde se fala de: imaxes, cousas sensibles, obxectos matemáticos e Ideas. Este texto pódeche servir para entendelo mellor.
- Resposta o cuestionario sobre o Símil da liña. Consulta a resposta cando teñas dúbidas e toma notas na túa libreta.
- Resposta o cuestionario sobre o Mito da caverna. Consulta a resposta cando teñas dúbidas e toma notas na túa libreta.
- Le o seguinte texto sobre o diálogo entre Sócrates e un escravo sobre o dobre da área dun cadrado. ¿Que tres conclusións se sacan do texto? Explica a partir desas conclusións a relación entre a teoría platónica da reminiscencia e o método maiéutico de Sócrates.
- Enche os ócos deste texto e cópiao na libreta. Despois distingue a idea principal e as secundarias. ¿Corresponde o que di o texto coas conclusións do texto da actividade anterior? Razoa a resposta.
-
- Le o Comentario sobre o Libro IV (427d-432b) da República e anota as definicións das virtudes da sabedoría (prudencia), a fortaleza (valor) e a temperanza.
- Le o Comentario sobre o Libro IV (432b-434d) da República e anota as definicións de xustiza e inxustiza.
- Identifica no Texto 1 da CIUG as frases onde se reproduce cada unha das definicións das actividades anteriores. ¿Que relación hai entre a xustiza e as outras virtudes?
- Le o Comentario sobre o Libro IV (434d-441c) da República. ¿Que tres partes da alma distingue Platón? Describe a narración sobre Leoncio ante os axusticiados no Pireo e indica cal é o papel de cada unha das tres partes da alma en dita narración.
- O Texto 4 presenta o mito do carro alado como forma de entender a alma humana. ¿Con que elemento deste mito se identifica cada unha das partes da alma distinguidas na narración sobre Leoncio no Pireo? ¿Que quere dicir Platón neste mito ao falar da "pérdida das ás" no caso das almas dos mortais? Podes consultar as pp. 44-45 das fotocopias para entendelo mellor.
- Explica en que sentido podemos afirmar que a antropoloxía de Platón é dualista.
- Indica o programa de estudios que corresponde aos habitantes da polis ideal según a República. ¿Hai algunha correspondencia cos graos de coñecemento do símil da liña? Razoa a resposta.
- Ordena os rexímenes políticos de máis a menos virtuoso e indica a que clase social pertencerían os gobernantes en cada un deles.
- Recapitulación: le o Comentario sobre o Libro IV (441c-443b) da República e resposta ás preguntas 18-79 do test.
-