1. Razoa por que a Idea "mesa" é máis que a mesa particular que usas na clase empregando para elo as características do Ser de Parménides. Fai a actividade 6 da páx. 36.
  2. Explica a creación do mundo sensible según o diálogo Timeo. Razoa que conceptos toma esta narración da teoría de Pitágoras e da de Anaxágoras. Consulta os teus materiais sobre ontoloxía de 1º Bac. 
  3. Resume na túa libreta o célebre Mito da caverna de Platón presente  nas pp. 38-40 das fotocopias e no Texto 3 da CIUG (República VII, 514a517c). Fai a actividade 9 da p. 39 e emparella tamén os elementos das dúas columnas. Este esquema explicado pode servirche para entendelo mellor.
  4. Le con atención o apartado sobre o proceso de coñecemento (pp. 41-42) e reelabora na túa libreta o Símil da liña, onde se poñen en relación os niveis de realidade e os niveis de coñecemento. Emparella tamén os elementos das dúas columnas.
  5. Identifica no Texto 2 da CIUG os párrafos e fragmentos onde se fala de: imaxes, cousas sensibles, obxectos matemáticos e Ideas. Este texto pódeche servir para entendelo mellor.
  6. Resposta o cuestionario sobre o Símil da liña. Consulta a resposta cando teñas dúbidas e toma notas na túa libreta.
  7. Resposta o cuestionario sobre o Mito da caverna. Consulta a resposta cando teñas dúbidas e toma notas na túa libreta.
  8. Le o seguinte texto sobre o diálogo entre Sócrates e un escravo sobre o dobre da área dun cadrado. ¿Que tres conclusións se sacan do texto? Explica a partir desas conclusións a relación entre a teoría platónica da reminiscencia e o método maiéutico de Sócrates.
  9. Enche os ócos deste texto e cópiao na libreta. Despois distingue a idea principal e as secundarias. ¿Corresponde o que di o texto coas conclusións do texto da actividade anterior? Razoa a resposta.
Última modificación: lunes, 10 de febrero de 2025, 19:41