ACTIVIDADES

  1. Distingue entre opinar e crer por un lado e coñecer e saber polo outro. Pon un exemplo de cada termo.
  2. Se un suxeito S ten unha crenza falsa, ¿poderíamos dicir que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
  3. ¿É posible que un suxeito S teña unha crenza verdadeira e sen embargo non poidamos afirmar que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
  4. ¿É o mesmo mentir que dicir unha falsedade? Razoa a resposta e pon un exemplo.
  5. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Aristóteles”.
  6. Explica o proceso de elaboración dun concepto por abstracción según a teoría do coñecemento de Aristóteles. Emprega un exemplo na túa explicación como pode ser o coñecemento da "mazá" presentada neste esquema.
  7. Define e pon un exemplo dos seguintes termos epistemolóxicos: sensación, percepción, entendemento, concepto, xuizo, razón, razoamento, intuición empírica, intuición intelectual, abstracción, xénero, especie.
  8. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Descartes”.
  9. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Hume”.
  10. Explica brevemente en que consiste cada unha destas posicións epistemolóxicas: realismo, idealismo, perspectivismo, relativismo, escepticismo, racionalismo, empirismo, principio de autoridade, dogmatismo.
  11. Enche os ócos do texto de René Descartes sobre o coñecemento. Razoa por qué Descartes non é escéptico.
  12. Mira o video e explica que semellanzas e diferenzas atopas entre o que explica o presentador do video e a teoría de Descartes sobre a dúbida metódica e a primeira verdade.
  13. Enche os ócos do texto de John Locke sobre o coñecemento. Razoa por qué Locke é empirista.
  14. Explica as teorías da verdade entendida como propiedade do entendemento: teoría da evidencia, teoría da coherencia, teoría da adecuación realista, teoría da adecuación pragmática e teoría do consenso racional.
  15. "Brancaneves foi envenenada cunha laranxa". ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa. "Gañaremos porque somos os mellores" ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa.
  16. Fai un resumo do apartado “A desinformación e o fenómeno da posverdade”. Expón algún exemplo actual de dito fenómeno.
  17. Fai un resumo do video "¿Por qué vemos colores?". Relaciona a explicación do video coa diferenza entre cualidades primarias/cualidades secundarias por un lado, e a diferenza entre realismo inxenuo/realismo crítico polo outro.
  18.  
Last modified: Monday, 20 October 2025, 1:39 PM