Tarefas para a semana do 17 ao 21 de xaneiro

Tarefas para a semana do 17 ao 21 de xaneiro

by Fernando López Prada -
Number of replies: 0

Estimados alunos, durante esta semana remataremos os documentos para preparar a proba do 21 de xaneiro sobre transhumanismo. Indico o que faremos en cada sesión para que poidades facelo na casa ao mesmo ritmo:

  1. sesión: Corresponde coa sesión 3 da semana anterior, que finalmente non realizamos: actividade sobre a entrevista a Julian Savulescu (para a opción A) ou actividade sobre a entrevista a Nick Bostrom (para a opción B) . Se xa a fixeches, pasa á seguinte actividade: visionado dos videos Charla TED de Thelma Peón (para a opción A) ou Charla TED de Nick Bostrom (para a opción B), para contrastar/completar ideas sobre a túa opción.
  2. sesión: corrección da pregunta sobre a entrevista a Savulescu ou Bostrom. Despois comentario sobre as instruccións para a elaboración (voluntaria) dunha disertación para a IX Olimpiada Galega de Filosofía, instrucións que están na aula virtual. Se queda tempo, visionado do video de Nicholas Carr sobre os efectos dos móbiles e internet no noso funcionamento cognitivo, como exemplo do tema da disertación ("Humanízanos ou deshumanízanos a tecnoloxía"?). 
  3. sesión: realización presención da tarefa sobre os materiais de transhumanismo, onde poderás empregar as túas anotacións pero non as fotocopias orixinais. Se non puideches incorporarte aínda, poderás facela o primeiro día que te incorpores ás clases presenciais.

Ademáis debes imprimir o documento PDF do "Tema 4. Lóxica" dispoñible ao final da aula virtual para comezar a semana que ven.

Saúde e ánimo.