Tarefas para a semana do 10 ao 14 de xaneiro

Tarefas para a semana do 10 ao 14 de xaneiro

por Fernando López Prada -
Número de respostas: 0

Estimados alunos, durante esta primeira semana despois das vacacións de Nadal continuaremos traballando os documentos para preparar a proba do 21 de xaneiro sobre transhumanismo. Indico o que faremos en cada sesión para que poidades facelo na casa ao mesmo ritmo:

  1.  sesión: resumo do capítulo 1 de Antonio Diéguez (parte adicada a "modificación xenética" ou parte adicada a "intelixencia artificial" según cal escolleras)
  2. sesión: remate do resumo e visionado do video entrevista a Antonio Diéguez para contrastar/completar o resumo.
  3. sesión: resposta á pregunta sobre a entrevista a Julian Savulescu (para "modificación xenética") ou resposta á pregunta sobre a entrevista a Nick Bostrom (para "intelixencia artificial").