Section outline

  • Bloques de contidos sobre teoría do coñecemento e a súa relación coa realidade, con temas de epistemoloxía, metafísica, lóxica e filosofía da ciencia.

    • Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades. 

    • Anota as ideas principais deste video.

    • Película estadounidense dirixida polas irmás Lilly e Lana Wachowsky en 1999. V.O. subtitulada en español.

      Aborda dun modo moi interesante o problema ontolóxico da realidade/aparencia e o problema epistemolóxico do coñecemento verdadeiro/ilusorio. Tamén ten moita importancia o problema da liberdade/determinismo á hora de conducir a propia existencia. Todo elo atravesado polo problema antropolóxico e político da relación entre os humanos e as máquinas, que é o argumento da película. Sen dúbida unha das películas máis filosóficas da ciencia ficción contemporánea.

    • Escena da película Matrix onde Morpheo lle explica a Neo, unha vez liberado e recuperado, o que é Matrix.

    • Cadro sintético para distinguir entre "ser sincero" (o que se di corresponde co que se cre) e "dicir a verdade" ( o que se di corresponde co real).

    • Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .

    • Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020).

    • ACTIVIDADES

      1. Distingue entre opinar e crer por un lado e coñecer e saber polo outro. Pon un exemplo de cada termo.
      2. Se un suxeito S ten unha crenza falsa, ¿poderíamos dicir que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
      3. ¿É posible que un suxeito S teña unha crenza verdadeira e sen embargo non poidamos afirmar que ten coñecemento? Razoa a resposta cun exemplo.
      4. ¿É o mesmo mentir que dicir unha falsedade? Razoa a resposta e pon un exemplo.
      5. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Aristóteles”.
      6. Explica o proceso de elaboración dun concepto por abstracción según a teoría do coñecemento de Aristóteles. Emprega un exemplo na túa explicación como pode ser o coñecemento da "mazá" presentada neste esquema.
      7. Define e pon un exemplo dos seguintes termos epistemolóxicos: sensación, percepción, entendemento, concepto, xuízo, razón, razoamento, intuición empírica, intuición intelectual, abstracción, xénero, especie.
      8. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Descartes”.
      9. Fai un esquema do apartado “Realidade, coñecemento e verdade según Hume”.
      10. Explica brevemente en que consiste cada unha destas posicións epistemolóxicas: realismo, idealismo, perspectivismo, relativismo, escepticismo, racionalismo, empirismo, principio de autoridade, dogmatismo.
      11. Enche os ócos do texto de René Descartes sobre o coñecemento. Razoa por qué Descartes non é escéptico.
      12. Mira o video e explica que semellanzas e diferenzas atopas entre o que explica o presentador do video e a teoría de Descartes sobre a dúbida metódica e a primeira verdade.
      13. Enche os ócos do texto de John Locke sobre o coñecemento. Razoa por qué Locke é empirista.
      14. Explica as teorías da verdade entendida como propiedade do entendemento: teoría da evidencia, teoría da coherencia, teoría da adecuación realista, teoría da adecuación pragmática e teoría do consenso racional.
      15. "Brancaneves foi envenenada cunha laranxa". ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa. "Gañaremos porque somos os mellores" ¿Verdadeiro ou falso? ¿Que teoría empregaches para respostar? Razoa.
      16. Fai un resumo do apartado “A desinformación e o fenómeno da posverdade”. Expón algún exemplo actual de dito fenómeno.
      17. Fai un resumo do video "¿Por qué vemos colores?". Relaciona a explicación do video coa diferenza entre cualidades primarias/cualidades secundarias por un lado, e a diferenza entre realismo inxenuo/realismo crítico polo outro.
    • Anota os argumentos a favor da dúbida solipsista e desenvolve os argumentos científicos presentados para superala.

    • Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades. 

    • Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .

    • Extracto do libro Gran historia visual de la filosofía de Masato Tanaka (Blackie Books, 2020) .

    • ACTIVIDADES

      1. Explica a orixe do termo “metafísica”. ¿Qué relación garda cos termos “ontoloxía” e “teoloxía”?
      2. Desenvolve o problema da explicación do cambio para os presocráticos. ¿Ten algo que ver este problema co recurso á noción de "arkhé"?.
      3. Explica as características do ser según Parménides de Elea (s. VI a.C).
      4. Explica o paradoxo de Aquiles e a tortuga según Zenón. ¿Por qué é un argumento en contra da existencia real do movemento ou cambio?
      5. Explica a solución de Sócrates ao problema do ser.
      6. Fai un esquema da ontoloxía de Platón (apartado "Platón: las esencias y la idea de bien").
      7. Pon un exemplo das dez categorías de Aristóteles aplicadas a un indivíduo particular.
      8. Desenvolve a argumentación de Aristóteles contra Platón acerca de que as cousas non están separadas das súas esencias. ¿Qué relación hai entre esa argumentación e os xestos de Platón e Aristóteles no fresco A Escola de Atenas de Rafael (s. XVI)?
      9. Distingue entre as posicións sobre o debate dos universais no mundo antigo e medieval: realismo esaxerado, realismo moderado, nominalismo. ¿Cal delas che convence máis ? Razoa a túa resposta.
      10. Explica a relación entre realidade e apariencia en conexión coa distinción entre cualidades primarias e secundarias do tema anterior.
      11. Distingue entre ontoloxías monistas, dualistas a pluralistas. Explica a ontoloxía pluralista de Gustavo Bueno (sérvete tamén da información da páxina 199).
      12. Explica a posición do existencialismo como crítica ao esencialismo en relación co ser humano.
      13. Anota a definición de Deus según as grandes relixións monoteístas (xudaísmo, cristianismo, islam).
      14. Resume os argumentos a favor da existencia de Deus.
      15. Resume os argumentos críticos en relación coa existencia de Deus por parte das ontoloxías materialistas (Feuerbach, Nietzsche, Gustavo Bueno).
      16. Define determinismo e distingue entre determinismo mitolóxico, teolóxico e científico (mecánica clásica).
      17. Desenvolve as ideas do indeterminismo das mecánicas non clásicas.
      18. Resume a argumentación do apartado “A liberdade”. Pon exemplos a medida que vas explicando cada concepto (liberdade de, liberdade para, determinismo, proxecto, conciencia, persoa).

       

    • Descarga e imprime o documento. Debes telo sempre contigo nas clases para estudiar e facer as actividades.